Programa de balnearios da Deputación de Pontevedra.
O concello de Pontecesures participa no Programa Diurno de carácter lúdico no Balneario Termas de Cuntis-Quenda de Outono, que organiza a Deputación de Pontevedra, poñendo 20 prazas a disposición dos veciños/as que cumpran os requisitos de participación.
O Programa facilita a asistencia ó Balneario de Cuntis durante unha semana (de luns a venres) incluíndo o transporte e a estadía de 2 horas diarias durante as que se poderán utilizar as instalacións do balneario incluídas no programa. A quenda desenvolverase nos meses de setembro, outubro ou novembro.
Os/as participantes teñen que aboar 3,60 â?¬/día, isto é 18 â?¬ (inclúe os traslados en autobús e o uso das instalación do balneario).
Requisitos:
* Estar empadroados/as e ter domicilio en Pontecesures.
* Valerse por sí e non padecer alteracións de comportamento nin enfermidade infecto-contaxiosa.
* Cumprir algúns dos seguintes requisitos específicos:
** Seren pensionista, ou
** Seren coidador/a principal dunha persoa dependente, ou
** Teren 50 anos cumpridos.
As solicitudes presentaranse acompañadas do DNI, Certificado de empadroamento, Informe Médico, e outros documentos que acrediten as circunstancias alegadas na solicitude.
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 4 de setembro.
Para máis información poden dirixirse ó Servicio Social de Atención Primaria do Concello de Pontecesures os luns, martes e venres de 9 a 13,30 horas.
6 comentarios
E o que lle queda a Sabariz, marchar para o balneario a tomar as augas, na política local quédalle pouco….
Home, “Paspallas”, envíasme a bo sitio porque as augas do balneario de Cuntis son moi saudables e moi adecuadas para a reflexión política. Fas un prognóstico pesimista sobre o meu futuro como concelleiro e, naturalmente, hai que respectalo.
Luis Angel Sabariz Rolán, se fai esa afirmación basandose na experiencia, espero que ningún político se achegue por Cuntis.
Si, si, si, Sabariz vai purgar as penas en Cuntis con aquel Eduardo que foi alcalde socialista de alí e que lle deron a patada por non sei que líos do partido e da xustiza….
Non entendo ben o teu comentario “basta”. Tamén quero dicirlle a “Tiroliro II”, que, politicamente, non teño previsto facer penitencia. ¿Por qué tería que facela?
Pero Sabariz cala un pouco dunha vez, oes tamén podes ir tomalas augas O Carballiño, alí hai un lío de moito collón co bng e o PP facéndolle pinza a un delfin socialista de Pachi Vázquez, os pactos, que pactos de progreso nin que carallo, andas a ostias pataqueiras en todas partes.
Quintana anda co himno a voltas como na epoca de franco e agora fai papadas para dez mil vellos, moi ben o progresismo voto=baile+papada+ borracheira….pagamos todos esa e a educación para a cidadanía….os salvadores da terra….si si si