«Eu funlle moi fiel a Angueira; e a Maribel tamén».

Luis Ángel Sabariz, candidato da Agrupación Cidadá de Pontecesures, e membro do goberno.

O edil de Relacións Institucionais defende seu pacto con Castro e o PP
Tralo seu fugaz paso polo PSOE, Sabariz volve encabezar a Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP).
-¿Non son sete moitas listas para Pontecesures?
-Foi unha sorpresa motivada polas escisións do PP, que derivaron en dos listas máis. En Pontecesures non hai tanta inquedanza política. Semella que foi máis unha pelexa por ser cabeza de cartel.
-¿E non afectará a gobernabilidade?
-Pode motivar dificultades para formar goberno, pero tamén ten consecuencias positivas, como que haxa que consensuar as decisións. Nós xa temos experiencia en gobernar nestas circunstancias.
-¿Con quen gobernou mellor, con Angueira ou Castro?
-Con Angueira fixemos un moi bo traballo. Eu funlle moi fiel. Melloramos o colexio, o club náutico e moitas outras cousas. E a Maribel (Castro) tamén. Con Angueira xurdiron discrepancias e pasou o que pasou.

-¿Se hai catro anos, cando se presentou polo PSOE, Angueira non encabezara o BNG tería vostede gobernado cos nacionalistas?
-O problema era Angueira. En absoluto o BNG. E iso xa o dixemos no seu día.
-Valore estes catro anos de goberno.
-Sacamos boa nota. A pesares de que os tres concelleiros do PP estiveron o derradeiro ano e medio un pouco apartados da xestión do goberno.

-¿Cales son as súas propostas para estes comicios?
-Na situación económica que vivimos hai que facer o que se poida. Nós facemos unha defensa a ultranza do tren de proximidade. Queremos tamén mellorar o monte municipal e aproveitar as augas naturais que hai nel. Propoñemos seguir a facilitar a participación da xente nos plenos, porque cremos na transparencia na xestión e en que haxa garantías na selección do persoal, que se faga con publicidade e equidade.
-¿E cando fala ca xente pola rúa que sensación ten?
-Ben. O prognóstico era que este goberno durara tres meses, que fora unha catástrofe, e non foi así. Fixemos moitas cousas, como o campo de fútbol, a mellora da rúa Deputación, da Plazuela, do alumeado, o arranxo da zona de Porto e das instalacións deportivas, o desfile de Entroido ou a Festa do Churro. Pero a min me parece que no que si melloramos moito foi no mantemento. Hai máis limpeza e coidado das instalacións municipais.

-E falando de festas, ¿como vai a da Lamprea?
-Estase potenciando. En boa lóxica, haberá que tratar de dinamizala, porque é un dos sinais de identidade de Pontecesures ao que non podemos renunciar.

Luis Ángel Sabariz Rolán
4 de setembro de 1956, Vilagarcía
Funcionario da Administración local
Casado con tres fillos
Presentouse por primeira vez en 1999 como segundo da lista da ACP. Foi concelleiro e no 2003 encabezou esta lista, que tamén acadou representación. De 1999 a 2006 gobernou con Luis Álvarez Angueira (BNG). No 2007 presentouse co PSOE, do que foi expulsado por entrar a gobernar con Maribel Castro e o PP.

LA VOZ DE GALICIA, 05/05/11

Bello Maneiro: «Gústame repartir caña… a que se produce aquí».

-¿Que pensa de Zapatero?
-Fomos enganados polo Goberno central, e o feito de que declarase que non se volve presentar dá algo de tranquilidade.

-¿E de Rajoy?
-Polo menos no tempo que foi responsable político no Goberno, a relación que puiden ter con el foi sensata e seria.

-Chacón ou Rubalcaba, ¿con quen quedaría vostede?
-Posiblemente creo que Chacón seria máis seria.

-¿Que opina da candidata do PSOE en Valga?
-Insegura, sen coñecemento das demandas do pobo.

-¿E do número 1 do BNG?
-? da miña parroquia. Totalmente distinto ao actual. Xa o dixen, máis radical.

-Defina a Louzán.
-Persoa moi traballadora na Deputación. Como presidente do partido, como non asisto a ningunha reunión política, non opino. Ás veces discrepo porque a Valga non lle dá o que merece.

-E a Modesto Pose.
-Nunca tiven relación con el.

-¿Sóalle Justin Bieber?
-De nada. A min o que me vai é a música clásica e a de bandas.

-Unha canción que lle guste.
-Carolina, a saia e o lagarto.

-Celta ou Deportivo.
-O Celta clarisimamente.

-Barça ou Madrid.
-Madrid.

-¿Gústalle repartir caña?
-A que se produce en Valga si; é a mellor que hai.

-¿Cal foi o seu primeiro coche?
-Un Seat 850, creo que me custara 100.000 pesetas. Primeiro foi unha moto, unha Derbi de marchas pero sen matrícula.

-¿Cantos televisores ten?
-Tres. O da sala, onde comemos, é o que máis se ve.

LA VOZ DE GALICIA, 27/04/11

«Non sei por que o alcalde lle ten medo á palabra política».

Carmen Coto candidata do PSOE en Valga.

A aspirante socialista asegura que Bello só pensa xa en «manter o seu trono»

Carmen Coto non se anda con chiquitas á hora de valorar o prolongado labor de Bello.
-Valga é, de partida, unha praza moi complicada para o PSOE.
-Ben, nós temos un equipo moi renovado, especialmente nos primeiros postos. con xente que encabezou plataformas veciñais, no problema da estrada, no problema do polígono, para defender os intereses dos veciños porque o alcalde non o fixo. No caso da estrada de Campaña levaba tres meses co proxecto no caixón e mentíalles aos veciños, dicíalles que non sabía nada, que non tiña o proxecto. Nós negociamos coa delegada, entón Isabel Domínguez, e conseguimos reducir as afeccións, e sobre todo un prezo xusto por metro cadrado. Iso é o que os socialistas fixemos e faremos, defender aos veciños de Valga.
-O alcalde acúsalles a vostedes de facer política.
-Ten graza, ¿e el que é o que fai? Non sei por que lle ten tanto medo á palabra política, pero si sei que Maneiro leva demasiado tempo no poder, perdeu a perspectiva das necesidades de Valga e só pensa nos seus intereses e en manter o seu trono. Non hai máis que ver o xeito no que emprega a radio municipal, ao máis puro estilo de Venezuela. Ten un afán excesivo por controlalo todo, anulando ao resto do persoal do Concello, empezando polos seus propios concelleiros, que sempre son convidados de pedra.
-¿Que sucede coa radio?
-El fala na radio e todo isto semella unha panacea. Maneiro faino todo ben, e a oposición penosamente mal. Pero sucede que nós e o BNG pedimos só media hora para a oposición e se nos nega completamente porque di que queremos facer política. ? unha tomadura de pelo. Se houbese unha democracia real neste concello, a Maneiro non lle debería importar.
-Pero as contas, asegura Bello, indican un Concello saneado.
-El é moito de construír obras no aire, algúns veciños falan de movemento de ladrillo. Esa é unha frase moi significativa. No 2010 aprobou un préstamo de 300.000 euros co informe en contra da interventora. Meses despois pediu outros 400.000 euros, solicitamos tamén o informe da interventora, e ese, sinxelamente, xa non o fixo. ¿Como é posible que diga que é un Concello saneado cando só os préstamos da Deputación andan no millón de euros?
-¿Que pasa co polígono? ¿Non o ven necesario?
-Nós estamos totalmente a favor de que haxa un polígono e de que se ordene a industria dunha vez. Pero as grandes empresas non se van mover, e para as novas temos que buscar un sitio menos prexudicial tanto a nivel económico como paisaxístico, porque no espazo escollido hai xente á que mesmo lle levan a horta por diante, o val de Magariños vai quedar esnaquizado, e os veciños van sufrir nas súas vidas e nas súas propiedades. En Valga hai zona de monte, apartada, que se podería negociar. Iso é o que hai que facer.

-O alcalde di que as obras do Concello crearon emprego.
-Son de dominio público algunhas cuestións pouco explicables. Obras que paga a Xunta, que licita Maneiro e fai sempre a mesma empresa, mesmo fronte a prestixiosas construtoras.

Carmen Coto Lois
10 de setembro de 1962, en Cimadevila
Licenciada en Dereito e Graduado Social. Funcionaria do corpo técnico de Xestión da Administración de Xustiza.
Separada, ten un fillo de 15 anos
Voceira municipal do PSOE. Lidera a candidatura dos socialistas en Valga por segunda vez consecutiva.

LA VOZ DE GALICIA, 27/04/11

Las bandas de Portas, Moraña, Valga y Caldas compiten este domingo en el Festival Zonal.

José Juan Durán y Bello Maneiro durante la presentación del festival.

El alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, y el vicepresidente de la Diputación, José Juan Durán, presentaron ayer el Festival Zonal de Bandas ??Deputación de Pontevedra?, que se celebra este domingo a partir de las 18 horas en el Auditorio de Cordeiro.
Serán un total de cuatro las agrupaciones de la comarca que participen en el certamen, en el que deben interpretar dos temas de libre elección, uno de los cuales tiene que ser de autoría o temática gallega obligatoriamente. Así, en la Sección Tercera ­bandas de hasta 45 integrantes­ competirán Nova Lira de Moraña y Unión de Lantaño de Portas. La primera, dirigida por Luis Manuel Montáns Fariña, tocará ??Alborada Galega?, de Xoán Montes, y ??Little Concert Suit?, de Alfred Reed. Los músicos de Unión de Lantaño, al frente de los que estará Nicolás Leiro Álvarez, acuden al festival con un repertorio formado por ??Retrincos?, de David Fiuza Souto, y ??Ivanhoe?, de Bert Appermont.

En la Sección Segunda ­de 46 a 60 músicos­ no se inscribió ninguna agrupación, pero sí en la Sección Primera ­a partir de 61 integrantes­, en la que participarán dos bandas. Una de ellas es la anfitriona, la Municipal de Valga que, bajo la dirección de Manuel Villar Touceda, interpretará ??Romasanta?, de José Bugallo Senra, y ??A pedra da serpe?, de José Luis Represas?. Tendrá que competir con la Banda Municipal de Caldas de Reis, que dirige Daniel Portas González. Sus músicos tratarán de convencer al jurado con las obras ??La leyenda del beso?, de R.Soutullo y J. Vert, y ??Diógenes?, de Jacob de Haan.

Por participar las bandas recibirán un trofeo y un diploma, además de una gratificación económica de 1.800 euros en la Sección Primera y 1.200 en la Tercera.

DIARIO DE AROUSA, 08/04/11

Finou Carmen González, avoa do administrador da páxina, Antonio Cortés.

Aos 92 anos de idade, morreu hoxe Mª Carmen Felicidad González Bentrón, veciña da rúa Deputación nº 23 e avoa do administrador desta páxina, Antonio Cortés.
O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Mañá, 2 de abril, ás 19:30 horas, sairá a comitiva fúnebre para a Igrexa Parroquial de Pontecesures, onde terá lugar a misa funeral. Os restos mortais recibirán logo sepultura no Cemiterio Municipal de Padrón (A Matanza). Descanse en paz.
Quérolle trasladarlle a Antonio e a toda súa familia o máis sentido pésame