Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Obras

Pontecesures desmenuza as axudas da Deputación para obras, servizos e festas

Por Plumilla ·

O Concello de Pontecesures detallou os importes solicitados a través das liñas I, II, III e IV do Plan + Provincia 2026 da Deputación de Pontevedra, cun conxunto de actuacións centradas na mellora de infraestruturas – onde máis fondos se solicitan-, dinamización cultural e emprego que acadan os 448.663 euros.

Tal e como reflete o goberno local, a Liña I, destinada a investimentos e obras, inclúe seis proxectos prioritarios. Entre eles dúas actuacións de mellora ambiental en Redondo e Carreiras para corrixir problemas de drenaxe e crear unha illa de contenedores de basura; a pavimentación dun camiño en Carreiras; as obras de mellora das edificacións auxiliares do Campo de Fútbol Ramón Diéguez; a humanización da rúa Carlés; e a rehabilitación das beirarras na rúa Rial.

Fonte: Faro de Vigo

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.