Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Obras

A Deputación destina máis de 70.000 euros á humanización da rúa Carles en Pontecesures

Por Plumilla ·

A Deputación de Pontevedra aprobou unha achega de máis de 70.000 euros para o acondicionamento e humanización da rúa Carles en Pontecesures, dentro do Plan +Provincia 2026-2027.

O proxecto prevé dotar esta vía dunha plataforma única con zonas de tránsito separadas, mellorar a rede de pluviais e remodelar o alumbrado público. Tamén se realizarán melloras no parque infantil do contorno.

A convocatoria provincial, que suma un total de 550.000 euros, beneficia ademais os concellos de Valga (case 250.000 euros para asfaltados), Sanxenxo (160.000 euros para mellorar a accesibilidade da praza Manuel Cortés de Bordóns) e Meaño (preto de 80.000 euros para o ensanche de dous camiños en Dena e Lores).

Fonte: Faro de Vigo

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.