Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Obras

A Deputación destina 35.000 euros a mellorar camiños en Cesures e Carreiras

Por Plumilla ·

A Deputación de Pontevedra aprobou unha achega de 35.000 euros con cargo ao Plan +Provincia para financiar integramente a pavimentación dun camiño en Carreiras, na parroquia de Cesures. Este programa destina máis de 740.000 euros ao municipio de Pontecesures na edición deste ano.

Os traballos incluirán a demolición dos muros de pedra das parcelas que cederon parte dos seus terreos para o ensanche do camiño, que serán repostos na nova aliñación mantendo a estética da vía. Tamén se renovará a escaleira de acceso a unha das propiedades afectadas.

A intervención completarase coa pavimentación da congostra de subida que divide as dúas parcelas afectadas e o fresado e repavimentación da totalidade do camiño con mestura bituminosa.

Fonte: La Voz de Galicia

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.