As 22 horas de hoxe día 14 de xuño terá lugar a cena dos 11 membros da corporación cesante no restaurante Olivo como despedida dos catro anos de lexislatura.
Inauguración do Supermercado Moldes en Pontecesures.
Hoxe ás 19,30 haberá o acto de inauguración deste supermercado con entrada pola rúa José Novo Núñez e parking polo Camiño de San Xulián. O acto estan convidados o alcalde, membros da corporación, empresarios e veciños en xeral.
A apertura do establecemento está prevista para mañá día 15 de xuño.
Texto íntegro do escrito remitido a Suárez Canal denunciando graves irregularidades en relación coa obra da pista da Toxa.
A Consellería de Medio Rural decideu asumirir integramente a realización da obra de ??Ampliación de acceso á Toxa? por un custo aproximado aos 60.000 ? aínda que non se chega a dita cantidade. E realmente unha obra moi necesaria para resolver os problemas de acceso a este lugar e moi demandada dende sempre polos veciños.
Tódolos trámites para a contratación desta obra correspóndenlle a esa consellería e así ao seguirse para a adxudicación un procedemento negociado sen publicidade (o contrato non supera os 60.000 ?, senón habería que convocar un concurso) teño coñecemento de que houbo unha consulta con data 25-05-07 a varias empresas para que presentasen orzamentos si lle interesaba a realización da obra. Obviamente e con posterioridade a esa data presentáronse as ofertas.
Hoxe entrevista a Luis Sabariz en TV Salnés.
Será a partir das 11 da noite no programa Pleno Aberto. A entrevista será realizada pola xornalista Teté Rocamonde e tratará sobre a situación política no concello.
El BNG cesureño pide al PSOE que se abstenga para facilitar el gobierno.
El BNG de Pontecesures ha pedido al PSOE que se abstenga en la votación de investidura para facilitar el nombramiento de Luis Alvarez Angueira como alcalde en el Pleno del próximo sábado.
Accidente espectacular con caída dun automóbil ao río Ulla.
Sobre as 19,15 horas da tarde de hoxe un Renault 11 guiado polo veciño de Campaña, Rafael Campos Baltar (tivo unha tenda de electrodomésticos hai anos na rúa San Lois) precipitouse ao río Ulla pola ponte interprovincial derrubando uns tres metros de varanda. Este automóbil instantes antes saía da rúa do peirao de Pontecesures (Eugenio Escuredo) no STOP en dirección Padrón, e colisionou cun Ford Orión bermello PO-1551-AC que viña pola estrada nacional con dirección tamén a Padrón.
A caída foi polo comezo da ponte no marxe esquerdo, dirección Pontecesures-Padrón, e con baixamar (só cuns 70 cms. de auga). O coche quedou de lado e o Sr. Campos Baltar foi evacuado a un centro médico. Segundo varias testemuñas estaba consciente e orientado.
Houbo, por causa do accidente, un atasco considerable na estrada nacional tendo que intervir varios axentes da Garda Civil e da Policia Local.