Detidos os delincuentes que roubaron en «Electrodomesticos Frois» o pasado 1 de maio

A Garda Civil rematou onte a operación Nitro II e dasarticulou en Sanxenxo e Vigo unha banda de 7 rumanos e 5 vigueses especialistas en roubos a establecementos comerciais mediante alunizaxes con tapadeiras de sumidoiros. Ian en coches roubados de gran cilindrada e cometeron máis de 30 roubos na provincia de Pontevedra (entre eles o de Pontecesures).
Os axentes están a revisar agora o material incautado en vivendas e establecementos comerciais de Vigo.
Esperemos que apareza todo ou parte dos aparellos roubados a Frois e sexan devoltos ó comercio.

Protección Civil de Pontecesures sofoca o lume dun incendio nun vehículo.

As 23 horas do día de onte 16 de abril e no cruce que une a rúa Victor García coa estrada nacional N-550 (rúa José Novo Núñez) incendiouse o motor dun vehículo Peugeot 205 dun veciño de Valga cando estaba detido no «stop» perto do antigo bar «A Marina». Os ocupantes abandoaron o coche de inmediato e con gran celeridade varios membros da Agrupación de Protección Civil de Pontecesures actuaron sobre as chamas con extintores logrando, coa axuda dalgúns veciños, extinguir o lume en poucos minutos sen producirse dano algún salvo o producido no motor do vehículo incendiado. O coche foi retirado para o aparcadoiro da antiga Casa Castaño e á medianoite foi transportado a un taller por unha grúa.
Débese salientar a rápida actuación dos voluntarios de protección civil que evitou riscos para persoas e bens e dar as grazas os membros da agrupación polo operativo realizado.

O grupo folclórico «Algueirada» actúa na Pascoa de Padrón 2006

O grupo Algueirada dependente da ANPA do CPI Pontecesures actúa hoxe as 19 horas no paseo do Espolón de Padrón nas festas do municipio veciño. Tamén o luns de pascoa a partir das 11 da mañá o grupo de gaiteiros de Pontecesures acompañará ós cabezudos nos pasarrúas e xa pola tarde ás 19,30 actuará outra vez todo o grupo na praza de Macías.
Actuarán uns 30 compoñentes do grupo dirixidos polos monitores Martín (danza e pandeireta) e Miguel (gaita).

O cura párroco de Pontecesures anuncia que deixará a parroquia ó rematar xuño próximo

Nas homilías das misas do pasado fin de semana, o cura párroco de Pontecesures D. Severino Potel Estévez anunciou que xubila por razóns de saúde e así deixará a parroquia ó rematar este curso escolar dicindo ademáis que non coñece nada que atinxa o nomeamento do seu substituto.
D. Severino Potel é de Outeiriño-Xanza (Valga), ten 79 anos e dentro duns días cumpre 22 anos ó fronte da única parroquia de Pontecesures (San Xulián de Requeixo)

Necesidades en materia de educación

p(titulonota). Nota da ANPA do CPI Pontecesures

No Consello Escolar que tivo lugar no día de onte os representantes dos pais/nais solicitamos no turno de rogos e preguntas ó representante do concello en dito órgano colexiado D. José Antonio Baliñas Pazos (concelleiro de educación) que por parte da administración municipal se acometan as seguintes melloras relacionadas co centro:

# Que sexa substituido o vello valado de cerre do patio de recreo dos nenos/as de educación infantil. Na actualidade hai un valado de rede que está deteriorado. Por estas razóns, e incluso por estética, debe ser colocado un novo valado de madeira neste patio.
A propia dirección do centro segundo manifestou na sesión do Consello tamén fixo a mesma petición en días pasados ó Sr. Alcalde, xunto con outras de mellora xeral do recinto educativo.

# Que sexa cerrada parcialmente a marquesina doble para o transporte escolar situada na rúa Calera de Porto (parada coñecida como a de ??A Perona?) pois cando chove de sur o auga entra na marquesina alcanzando ós nenos/as. Esta é unha demanda transmitida a esta ANPA por varios pais/nais dos usuarios do transporte escolar deste percorrido de Porto.

Esperamos que ámbalas dúas cuestións sexan resoltas polo concello en breve.

Pontecesures, 6 de abril de 2006

A XUNTA DIRECTIVA

Aparecen novas facturas de comidas coa inscrición «Sr. Alcalde y acompañante»

p(titulonota). Nota da Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP)

Como tiñamos coñecemento de que os días 13 e 25 de xaneiro de 2006 o alcalde mantivo dúas comidas nun restaurante da localidade con persoas sen identificar xa que nas facturas aparece a sorprendente inscrición manuscrita ??Sr. Alcalde y acompañante? e o presidente da corporación non resposta ás preguntas sobre a identidade do misterioso acompañante nin qué tiveron que ver as comidas coa xestión municipal, con data 13-03-06 solicitouse autorización para comprobar outras facturas de comidas do alcalde do 2º semestre de 2005.

Después de numerosos atrancos postos pola alcaldía (non respetou o prazo previsto pola normativa, houbo que esgrimir o silencio administrativo positivo, envioulle á policia local a este concelleiro para que cambiara de despacho cando comprobaba os documentos, non permitiu que obtivera fotocopias, etc..) no dia de onte examináronse as facturas do período solicitado e así volvemos a ter catro comidas máis ( o 28-10-05, o 03-11-05 o 18-11-05 e o 28-11-05) nois que aparece tamén a xa famosa inscrición a mán ??Sr. Alcalde y acompañante?.

(más…)