Remate Obra ??Acondicionamento de Zona de Xogos na Escola Infantil Municipal?

No día de hoxe remataron as obras ??ACONDICIONAMENTO DE ZONA DE XOGOS NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL?

A primeira infancia ten unha importancia crucial en todas as facetas da vida dun ser humano. Segundo sinala a Comisión Europea na Comunicación do 17 de febreiro de 2011 denominada Educación e coidados da primeira infancia: ofrecer a todos os nenos e nenas a mellor preparación para o mundo de mañá, a educación e os coidados da primeira infancia constitúen o fundamento da educación e a formación das persoas e un piar esencial para o éxito en materia de aprendizaxe permanente, desenvolvemento persoal e empregabilidade futura.

No mesmo sentido pronunciouse o Consello da Unión Europea, quen nas Conclusións sobre educación infantil e atención á infancia: ofrecer a todos os nenos e nenas a mellor preparación para o mundo de mañá recoñece que establecer unhas bases sólidas durante os primeiros anos de vida incrementa a eficacia das aprendizaxes posteriores e a probabilidade de que continúe ao longo da vida, aumentando a equidade dos resultados educativos e reducindo os custos para a sociedade en perda de talento e en gasto público en benestar, sanidade e mesmo xustiza.

Investir na educación infantil para que sexa accesible e de calidade ten significativos retornos económicos e sociais pois non só mellora os resultados educativos posteriores, a nivel global e dos nenos e nenas nunha situación máis desfavorecida en particular, senón que tamén facilita a conciliación da vida persoal, familiar e laboral e a participación feminina no mercado de traballo. Deste xeito, o investimento na educación infantil contribúe á consecución de tres dos obxectivos principais da Estratexia Europa 2020: reducir o abandono escolar prematuro por baixo do 10 %, acadar unha taxa de emprego do 75 % das persoas de 20 a 64 anos e sacar a 20 millóns de persoas da pobreza.

O compromiso coa calidade da atención educativa na etapa 0-3 implica que debe prestarse atención, entre outras cuestións, ás infraestruturas nas cales se desenvolve e ao equipamento con que estas están dotadas para asegurar que se favorecen ambientes adecuados ás necesidades, intereses e competencias dos nenos e nenas destas idades.

Contar con espazos apropiados contribúe ao benestar físico e psíquico tanto dos nenos e nenas como do persoal educativo e polo tanto incide favorablemente no desenvolvemento dos procesos de aprendizaxe e na mellora da súa efectividade. A creación dun ambiente de aprendizaxe estimulante e máis efectivo pódese acadar por medio de intervencións menores como a mellora da accesibilidade ou o reacondicionamento dos espazos, o cambio da tonalidade e cores das paredes, a dotación de puntos de luz e de aperturas ao exterior, ou coa dotación de conexión á internet e coa dispoñibilidade de dispositivos para a integración das novas tecnoloxías na aula.

O mobiliario, interior e exterior, e os materiais didácticos e de xogo tamén son unha peza clave dos procesos de aprendizaxe e socialización. Os nenos e nenas na súa aprendizaxe vanse relacionando coa súa contorna inmediata e os mobles e o equipamento en xeral deben formar parte desta contorna e acompañar neste proceso; de aí a importancia de contar con mobiliario e con materiais didácticos e de xogo funcionais e seguros, adaptados ás características psicoevolutivas dos nenos e das nenas e que favorezan o desenvolvemento infantil en todas as súas dimensións.

O concello de Pontecesures ten un conxunto de equipamentos municipais, de diferentes usos e finalidades, entre os que se atopa a escola infantil municipal.

O concello pretende levar a cabo unha actuación de acondicionamento do espazo de xogos situado na parte posterior da escola infantil municipal, de xeito que se consiga renovar o solo deteriorado por unha nova configuración acorde aos usos e requirimentos actuais de salubridade, utilidade e seguridade.

A solución que se define está composta por un novo pavimento anti-caídas sobre a que se situarán os xogos dos nenos, segundo o definido na planta de proposta.

Trala retirada dos xogos levantarase o solo actual, baixando nesta fase en torno a 15 cm sobre a rasante actual, o cal permite na mesma actuación corrixir a altura actual do solo, que se sitúa practicamente á mesma cota que o pavimento interior da escola infantil. Abrirase unha gabia na base da fachada da edificación que da ao espazo de xogos (fachada norte), na que se colocará un tubo de drenaxe envolto en lámina xeotextil e recheo de grava, preservando as condicións construtivas da edificación respecto ao incremento de humidade que poida proporcionar o acondicionamento do xardín (que como veremos, incluirá unha instalación de rego).

O pavimento anti-caídas sobre o que se colocarán os xogos está composto por unha capa de gránulos de caucho reciclado SBR sobre unha soleira de formigón en masa, en cores segundo prescrición da dirección facultativa, así como a situación de dous montículos da mesma solución construtiva.

Prevese, asemade, a instalación dun sistema de rego automático para facilitar o mantemento da zona verde que non se prevé pavimentar. O sistema estará composto por aspersores, acometida, tubaxes de polietileno, un programador e un sensor que melloren a eficiencia e contribúan ao aforro de auga.

 

A obra foi adxudicada á empresa BRICANTEL ESPA?A S.L. por un importe de 17.427,63? financiadas ó 100% pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ??Unha maneira de facer Europa?  no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Finalización da Obra Reforma e Mellora no Sistema de Depuración e Distribución da Rede de Abastecemento de Auga Potable

Nesta semana finalizou a obra ??Reforma e Mellora no Sistema de Depuración e Distribución da Rede de Abastecemento de Auga Potable?.

A obra foi realizada por VIAQUA, GESTI?N INTEGRAL DE AGUAS DE GALICIA SAU por un importe de 53.193,67? financiados ó 100% pola Deputación de Pontevedra a través do Plan de Obras e servicios (Plan Concellos) 2016.