Con récord de participación (sobre 300 atletas de tódalas idades), e nunha boa tarde de sol, celebrouse onte a XI edición da Carreira Popular de Pontecesures.
Resultados da carreira absoluta:
Homes:
1º-Daniel Barriega Araújo
2ª-Jorge Crespo Arias
3º-Ramón Ignacio Folgar Pouso.
Mulleres:
1ª-Marinela Mayo Caamaño
2ª-Guadalupe Lodeiro Núñez
3ª-Shaila Muñiz Pérez
O atleta máis veterano foi Xosé Neira Hermida, de 78 anos, a quen lle entregou o premio un fillo de Julián Bernal que tamén participou na proba. Foi unha entrega emotiva, cunha lembranza de Julián Bernal un atleta de máis de 90 anos que finou non hai moito e que participou en varias das edicións da carreira cesureña.
Entregaron tamén os premios a alcaldesa Maribel Castro e o concelleiro de relacións institucionais, Luis Sabariz.




