Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Deportes

Onte celebrouse a Carreira Popular de Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Con récord de participación (sobre 300 atletas de tódalas idades), e nunha boa tarde de sol, celebrouse onte a XI edición da Carreira Popular de Pontecesures.

Resultados da carreira absoluta:
Homes:
1º-Daniel Barriega Araújo
2ª-Jorge Crespo Arias
3º-Ramón Ignacio Folgar Pouso.

Mulleres:
1ª-Marinela Mayo Caamaño
2ª-Guadalupe Lodeiro Núñez
3ª-Shaila Muñiz Pérez

O atleta máis veterano foi Xosé Neira Hermida, de 78 anos, a quen lle entregou o premio un fillo de Julián Bernal que tamén participou na proba. Foi unha entrega emotiva, cunha lembranza de Julián Bernal un atleta de máis de 90 anos que finou non hai moito e que participou en varias das edicións da carreira cesureña.
Entregaron tamén os premios a alcaldesa Maribel Castro e o concelleiro de relacións institucionais, Luis Sabariz.

Máis sobre isto

7 comentarios

  1. gulli

    Pois si, onte celebrouse a carreira popular en Pontecesures. E o malo é que a miña filla Sara non a deixei participar ¿por qué? Pois o final un pouco por orgullo, penso eu, pero sobre todo por non faltarlle o respeto a unha empleada do concello. Descoñecía por completo (evidentemente culpa miña) que os rapaciños os houbera que anotar antes das catro. Normalmente despois de xantar durmen a sesta, e se desperta antes de que que a carreira comeze, pónselle o chandal e os deportivos e baixas ao pobo a que a túa filla o pase ben, coma por certo nos dous últimos anos.
    Comprendo de que non se poida anotar ás 17:40 da tarde, as bases son as bases, pero non podo entender de que á pregunta de que porqué non pode participar nesta festa para os nenos, que non competición, se me conteste por parte da empleada e son palabras textuais “por que o digo eu”. Creo que non contestación a ninguén, valía con dicir que a hora límite para anotar os pequenos eran as catro da tarde e listo.
    Máis tarde, a piques de comezar a susodita carreira, se avisou de que ainda se podía anotar ós nenos, pero eu a esa hora xa era un pai indignado e doido.
    Saúdos.

    Responder
  2. manolo o do bombo

    Pois tes toda a razón do mundo ,deberian deixala correr sendo unha pequeniña,pero e o que hay neste concello ,o ordeno e mando,sendo os pequenos que mais lle daria .

    Responder
  3. o chiquitas

    Que pena para esa nena,ca ilusión que teria pa correr,non te preocupes que xa che dara unha disculpa sabariz ,pra que dar ben ,argumentos sobranlle.

    Responder
  4. Paco Jones Losmios

    a desculpa de sabariz vai ser que esta posto asi e non se pode cambiar, que todo o mundo sabe que e o lamecus da alcaldesa jajajaja

    Responder
  5. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    Pois mira, “gulli”, non tiven coñecemento da incidencia que reflictes, pero entendo, como pai dunha nena pequeniña, que non che sentará ben a exclusión. Pouco podo dicir do que nos comentas, entre outras cousas, porque non participei na elaboración das bases, nin nas inscricións previas, nin nas que se fixeron alí. Tratareime de infomar do sucedido, ainda que xa adianto que á hora da saída das carreiras acumúlanse bastantes atletas solicitando dorsais e con outras preguntas na mesa dos colaboradores. Como non se debe acumular retraso horario xurden, ás veces, incidencias que non agradan. Saúdos.

    Responder
  6. matacristos

    PERO ESTE HOME NON DORME.

    Responder
  7. Paco Jones Losmios

    que vai durmir este non fai nada mais que andar as voltas polo pobo a ver o que pasa e o que non deixa de pasar e despois a calgalo aqui pa poder pasar o tempo e olvidarse de esa penosa vida que ten…xa asta me da pena

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.