Pequeno lume preto da pista da Barosa de Pontecesures.

Sobre a 1:30 h. da pasada noite, houbo un pequeno lume na marxe esquerda desta pista (a que vai ata a AP-9), preto da finca do “Canario”. O lume, que afectou a moi pouco matorral, foi extinguido xa polos veciños, sen precisarse a intervención de efectivos de Protección Civil de Pontecesures e Padrón que se achegaron ao lugar. Tamén se achegou unha motobomba que regou a zona para impedir un novo lume.

Traballos de limpeza de pistas en Pontecesures.

A pasada semana e pola pista da Barosa comezaron estes traballos con maquinaria para limpar a fondo as cunetas e os marxes de varias pistas municipais que se atopaban con maleza alta prexudicando a circulación de vehículos e peóns.
Así, xa se actou na rúa do Ensanche, na rúa do Castro, nas Forneiras, no Cantillo. Agora séguese pola rúa Calera, arredores do Campo de Fútbol, e continuarase pola Tarroeira, Cortinallas en Infesta, etc…
Espérase que os traballos rematen na semana próxima.

O domingo, 5 de setembro, será o último no que abra a piscina de Pontecesures nesta tempada.

En principio estaba previsto que a instalación estivese aberta ata o día 2 de setembro, pero por mor das altas temperaturas, acordamos prorrogar a tempada en tres días, ata o 5 de setembro, inclusive, tendo en conta que para o próximo luns 6 e días seguintes o tempo empeora, segundo as previsións meteorolóxicas.

O goberno local está satisfeito da campaña deste verán na piscina municipal. Houbo bastantes máis usuarios que nos últimos anos.

O sábado, 4 de setembro, Festa de Bicicleta en Pontecesures.

O sábado, 4 de setembro, celébrase esta festa en Pontecesures. A concentración de bicis será a partir das 17 horas na Plazuela, e ás 17:30 horas comezará o precorrido polo municipio, sendo obrigatorio o uso do casco. Haberá sorteo de numerosos agasallos (cascos, bolsas, etc,,) e premios para a bicicleta máis orixinal e para o participante de máis idade.
Ao remate tamén será sorteada unha bicicleta entre os participantes
Lémbrase que non é unha proba competitiva, senón unha marcha para potenciar a práctica deportiva e o uso da bicicleta. Para participar no percorrido grande hai que ter 6 anos cumpridos.
Organiza o evento o Concello de Pontecesures mentres que o patrocinio corre a cargo da Deputación Provincial de Pontevedra.

Solicitouse que se solucionen os problemas das arquetas da Avda. de Arousa.

No día de onte o concello enviou ao Sudirecctor Xeral de Estradas o seguinte escrito:

“Asunto: Recta de Campaña na PO-548 en Pontecesures.

Nestas datas estanse a pavimentar os 560 metros que pertencen a este municipio dentro da obra de mellora da seguridad vial da estrada de referencia (o tramo que vai dende a rotonda da Charca ata a intersección coa N-550).

Pois ben; lémbrolle que, en moitas ocasións, este concello solicitou que se adoptasen medidas para reforzar as arquetas de saneamento que están no carril de circulación dereito, dirección Pontecesures-Vilagarcía, xa que o ??enrrase? de formigón das arquetas co asfalto actual rómpese e cuartéase e así co paso dos
vehículos, sobre todo de camións, hai tremores polo firme irregular que afectan ás casas da zona e que motivan queixas dos veciños. Incluso as arquetas de ferro móvense causando ruidos desagradables que impiden o lecer da xente.

Solicitamos agora, unha vez máis, que, coa nova pavimentación, esta deficiencia quede arranxada reforzándose as arquetas e o formigón de ??enrrase? para que o paso dos vehículos non cause o destrozo das mesmas e persistan os ruidos e os tremores nas vivendas.

Esta obra é moi necesaria, e xa que polo de agora non se vai acometer a obra de seguridade na PO-548, tramo de Pontecesures, (esperemos que se realice canto antes) alomenos, se deixe o noso tramo nas mellores condicións posibles.”