Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Deportes

A 63ª Clásica de Pascua chega ao Campus Tecnolóxico de Cortizo o 12 de abril

Por Plumilla ·

Cartel Clásica de Pascua 2026

A 63ª Clásica de Pascua, proba puntuable para o UCI, celébrase o domingo 12 de abril no Campus Tecnolóxico de Cortizo, con saída prevista para as 10:00 h.

Unha xornada completa para gozar do ciclismo en familia, con múltiples actividades arredor da carreira:

✅ En directo a saída, chegada e o dobre paso do pelotón polo recinto
✅ Food trucks e cantina gratuítos para todos os asistentes
✅ Exhibición de trial bike de man de Alejandro Montalvo, campión do mundo
✅ Pantalla xigante con retransmisión da carreira
✅ Animación infantil con hinchables e xogos
✅ Autobús transfer cada media hora dende as 9:30 ás 15:30, con paradas nas Lágrimas e na Fonte do Carmen

Unha cita imprescindible para os afeccionados ao ciclismo e unha oportunidade perfecta para pasar unha mañá en familia no Campus de Cortizo.

Fonte: Organización Clásica de Pascua

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.