La Xunta concluye que la recta de Campaña en Cesures no es peligrosa porque no ha muerto ningún peatón.

En el Concello de Pontecesures han recibido con incredulidad una comunicación en la que la Xunta descarta acometer obras de seguridad vial en la recta de Campaña en el tramo de Pontecesures al considerar que «non é inseguro xa que nos últimos oito anos produciuse un accidente con vítimas e non foi un peón». Ese argumento ha causado una lógica indignación al concejal Luis Sabariz, que ha remitido una carta a la Consellería de Medio Ambiente en la que afirma que «expoñer que non houbo ningún morto por atropelo nestes 560 metros provoca certa indignación.¿A qué esperan?¿A que os haxa?». El edil no entiende por qué se han acometido mejoras en la seguridad vial en el resto de la recta, ubicado en el término municipal de Valga y no se hace lo mismo con Cesures. «A discriminación é total e a explicación totalmente insatisfactoria. Imos ter uns veciños da recta, os de Valga, seguros, e outros, os de Cesures, tendo todos os problemas do mundo». ¿Y cuáles son esos problemas? Pues los derivados de tener que utilizar una carretera sin aceras para acudir, por ejemplo, al pediatra del centro médico de Baño (Valga), o al médico. Todo ello por un tramo que resulta, en ocasiones, intransitable para quienes tengan que circular con un carrito de bebé.

LA VOZ DE GALICIA, 01/08/10

O Concello de Pontecesures ten que devolver ao Estado 63.882,32 euros.

Con cargo á Participación de Tributos do Estado 2008, Pontecesures percibiu en 2008, 429.371,66 euros. Na páxina do Ministerio de Economía e Facenda ven de publicarse a liquidación definitiva desta participación en dito exercicio, que ascende a 365.489,34 euros. En consecuencia ten que devolver 63.882,32euros.
Eso ocorre porque o Goberno Central foi demasiado optimista nos cálculos da recadación fiscal. A crise botou por terra as previsións e agora pasa isto.
A FEGAMP está a solicitar unha moratoria para que as cantidades se comecen a devolver en 2012.

Vai ser arranxada a obra de Llerena na Piscina.

Na Piscina Municipal de Pontecesures foi colocada, cando se inaugurou nos noventa, una obra do ilustre ceramista cesureño, José Llerena Ferro titulada “A Serea”, que foi danada polos vándalos xa hai moito tempo arrincáronlle a faciana e os peitos, como se pode apreciar na imaxe.

Pois ben; despois das conversas mantidas co autor, o Sr. Llerena, que impartiu moitos cursos de cerámica en Pontecesures vai arranxar a figura adquirindo o concello de o compromiso de instalar un cristal laminado doble de seguridade (de 2,26 de altura por 1,10 de ancho) para protexer o monumento, deixando a marxe lateral para a ventilación.

O goberno local, ademais de agradecer o detalle do artista cesureño arranxando a figura, felicitase ao resultar satisfactorias as xestións. Sempre é importante conservar o patrimonio cultural da vila.

Arranxadas as canastras da pista do peirao.

No día de hoxe foron colocadas de novo as canastras na pista do peirao e arranxado o xogo de patinaxe na mesma instalación. Estes elementos foron danados na noite da San Xoán na que os vándalos derrubaron as canastras contra o chan, e voltearon o xogo de patinaxe. O goberno local decidiu arranxar o material danado que é utilizado sobre todo polos rapaces na instalación deportiva.