Ruegos y preguntas de los nacionalistas.

El BNG criticó que el concello lleve un mes sin arquitecto algo que “conleva a paralización das licenzas”.La prueba para elegir el nuevo técnico se celebró ayer tras quedar desierta la primera convocatoria. También denunció el Bloque la supuesta ilegalidad de una oposición a auxiliar administrativo ya que sólo se dio la opción de hacer el examen en español y no en gallego.

DIARIO DE AROUSA, 28/07/10

A adxudicación do albergue de peregrinos de Pontecesures interesa a 33 empresas.

A Sociedade Pública de Investimentos de Galicia (SPIG) seleccionou as empresas que farán a súa proposta económica de cara á construción do albergue de peregrinos de Pontecesures. Despois de descartar cinco candidatas, 33 construtoras serán as que opten á realización deste proxecto.
As propostas para os albergues de Boimorto (A Coruña) e Trasmiras (Ourense) escoitaranse a partir de hoxe mesmo, pero as de Betanzos (A Coruña), Castroverde (Lugo) e Pontecesures aínda non teñen fixada unha data para a súa presentación.
Dende o Concello cesureño infórmase de que «se ignoran os criterios e prioridades en canto aos prazos de adxudicación dunha ou outra obra, pero que o albergue é unha necesidade que non debe esperar máis».
Para acelerar o proceso, o Consistorio realizou xa varias xestións diante da SPIG, á espera de que se fixe unha data de presentación de propostas e se comence canto antes a construción do albergue.

LA VOZ DE GALICIA, 27/07/10

O 4 de agosto remata o prazo para a presentación de ofertas para a adxudicación da obra da rúa Deputación de Pontecesures.

No BOP nº 130 do 15 de xullo de 2010, foi insertado a anuncio de contratación da obra “Acondicionamento E.P. 8601, rúa Deputación de Pontecesures” que ten un importe de 795.911,23 euros e que se financia polo organismo provincial e polo Concello de Pontecesures que utiliza unha parte dos fondos asignados polo plan anticrise da propia deputación.
O prazo de presentación de ofertas neste procedemento aberto, remata o 4 de agosto esperando que se activen os trámites para que esta obra tan necesaria (esta rúa vai ir dotada con novos servizos de auga, saneamento, alumeado, beirarrúas, todo o cableado soterrado, etc…) sexa unha realidade canto antes, previa adxudicación pola Deputación de Pontevedra. O prazo de execución da obra é de doce meses.