Por resolucion de xuño pasado do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), concedeuse unha subvención de 8.246,87 euros ao Concello de Pontecesures para renovación dos semáforos do municipio (o concello ten que achegar a diferenza ata os 11.781,24 euros que é o importe total da actuación).
Con satisfacción recibeu a ACP no seu día a boa nova, logo da solicitude do goberno local a proposta da Policía Local á que hai que agradecerlle a iniciativa, pois a colocación de tecnoloxía LED na iluminación dos semáforos existentes na Avda. de Vigo, rúa Ullán, rúa Redondo e Avda de Arousa, abarata tanto o consumo dos semáforos como os gastos de mantemento dos mesmos.
O que lle pide a ACP ao goberno local é que axilice os trámites para que a colocación das luces LED sexan unha realidade canto antes pois así máis se aforra, pero é que ademais o prazo de xustificación da subvención diante do INEGA remata a mediados de outubro e sempre é convinte non esperar a última hora para realizar a instalación e para enviar a documentación xustificativa evitando problemas para o ingreso da cantidade concedida.
Pontecesures, 01/09/12
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures