Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Medio ambiente

A pesar da súa recolocación hoxe, segue solta a reixa do Camiño Portugués en Condide.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Neste día enviouse á Xerencia da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo o seguinte escrito:

“Logo da comunicación de onte sobre a grave perigo, sobre todo para os ciclistas, que representaba a reixa de pluviais solta e levantada no tramo de Pontecesures do Camiño Portugués da Ruta Xacobea (zona de Condide) alguén hoxe recolocou a verxa e retirou as ponlas que puxeran os veciños para advertir do perigo.

Porén; hai que lembrar que a reixa, ainda que está no seu sitio agora, segue solta nos seus apoios laterais ao pavimento e o normal é que, en calquera intre, se mova deixando o oco de novo.

En consecuencia, prégase que se realice unha pequena actuación fixando con formigón a verxa ao pavimento de adoquín existente para impedir que cada dous por tres esteamos con este problema que pode causar un disgusto. Ã? preciso que se faga unha actuación en certo modo definitiva para tranquilidade de todos.

Pontecesures, 29/08/12

Luis Ángel Sabariz Rolán”

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.