Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sociedade

Un veciño de Pontecesures, ferido grave ao volcar unha avioneta no aeródromo de Godos (Caldas de Reis)

Por Plumilla ·

Un veciño de Pontecesures de 75 anos é un dos dous homes feridos este venres nun accidente de avioneta no aeródromo de Godos, en Caldas de Reis. O home, que sufría feridas graves, foi trasladado ao Hospital Montecelo de Pontevedra; o seu acompañante, un home de 57 anos natural de Caldas de Reis, resultou ferido leve e ingresou no Hospital do Salnés, en Vilagarcía.

Segundo informou a Garda Civil, a avioneta presentaba un fallo mecánico e tratou de tomar terra; na manobra, por causas que aínda se investigan, acabou volcada sobre a pista de aterraxe. O 112 Galicia recibiu o aviso arredor das 13:25 horas a través dun particular, que alertou de que podía haber persoas feridas e atrapadas. Cando chegaron os servizos de emerxencia, as dúas persoas xa estaban liberadas, aínda que ambas precisaban atención sanitaria.

Segundo confirmaron fontes de Emerxencias Cuntis a Diario de Pontevedra, o ferido grave é o propietario da empresa de aluminio Indalsu. O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias mobilizou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vilagarcía de Arousa, á Garda Civil, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cuntis, e os servizos seguiron traballando no lugar do suceso.

Fuente: enfoques.gal e Diario de Pontevedra (Santi Delgado)

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.