Pontecesures toma a rúa contra o ERE de Nestlé: “Non somos números, somos familias”
Tras máis de 80 anos, a fábrica de Nestlé é un emblema en Pontecesures, mais os seus veciños lanzáronse hoxe á rúa para apoiar masivamente a unha plantilla preocupada após o anuncio dun ERE en negociación con 27 despidos, mais «co ánimo moi arriba, dispostos a pelear ata o último momento» ante este «mazazo inesperado».
E non comprenden os plans da compañía á vista do que saben: «anos de produción estable», «dificultades para gozar os descansos acumulados» e extensión de xornada neste verán.
«Todo isto demostra que non sobra xente, polo contrario, fai falta máis», clamou a presidenta do comité de empresa, Sandra Seoane, ao termo dunha marcha que, ao seu paso, desde a praza de Pontevedra ata as mesmas portas da empresa, sumou apoios incluso desde as ventás.
Participantes da manifestación de Pontecesures. / Iñaki Abella
Tamén doutras localidades próximas, como Caldas, Padrón, Vilagarcía… E que uniu a PP, BNG e PSOE. De feito, a Corporación municipal portaba unha pancarta co sentir dun pobo de 3.000 habitantes sobre o seu futuro, pois trata dunha plantilla nova.
De case 200 empregados, a gran maioría non chega aos 50 e, de feito, a presenza de familias novas con nenos pequenos era un continuo nesta camiñata de «rexeito absoluto» a medidas «injustas e desproporcionadas» para unha empresa con «miles de millóns de beneficios económicos».
Os mensaxes contra o presidente do grupo, Pablo Isla, foron continuos e incluso lle pegaron a súa cara a un monicote que rematou decapitado.
O comité, no que están CIG, CCOO e UGT, reúnese este luns para estudiar novas mobilizacións porque «non o vamos a permitir», «non somos números, somos familias», gritaban os manifestantes entre ruído de petardos e silbos deixando un rastro de bombas de fume.
Fonte: Faro de Vigo
0 comentarios