O Dimensión, en categoría mixta, gañou o campionato de dardos “Concello de Pontecesures”

O segundo clasificado foi o Dimensión 2 e o terceiro foi o Bouzón.
Dende o posto 4º ata o lugar 32º clasificáronse os seguintes equipos: Miniño, Faiscas, Casa Pérez, Onice Padrón, La Noche, Abadía, Carabela, Anubis, Máscara 2, Bouzón 2, Nu 2, La Noche 2, Pedras Millo, Baltasar, Baltasar 2, Chenlo, Máscara, Máscara 3, La Noche 3, Rancho CA 2, Exceso, Frenazo, Empalme, Escola, Campiño, Rancho, Tentación, Sedami e Rock Star.

Cándido López, do Dimensión, gaña o torneo individual de dardos “Concello de Pontecesures”

Hai uns minutos rematou a competición de dardos no Polideportivo de Pontecesures que foi gañada por Cándido López do Dimensión. Subcampión foi Juan “Lula” tamén do Dimensión, mentres que Luis Bouzón do Baltasar foi o 3º clasificado.
Clasificáronse dende o 4º posto e ata o lugar 50º, por este orde: Santi Bouzas (Baltasar), Javier Fuentes (Rancho Extra), Ángel Souto (Nu 2), Rodrigo Rey (Onice), Santi Santos (Máscara), Neno Bouzón (Bouzón), Bea Loureiro (Bouzón), Fran Paz (Casa Pérez), Manuel Villaverde (Casa Përez), Simón Iglesias (Baltasar), Vanesa (Abadía), Ángel Rey (Onice), Carlos Blanco (Dimensión), Manuel Campos (Casa Pérez), Cruz del Oro (Baltasar), Salva (Casa Pérez), Marco Ces (Bouzón), Junior Tarrío (Faiscas), Raúl Mariño (La Noche), Suso (Casa Pérez), Sonia Bustelo (Máscara), Pablo Muñiz (Choco), Maika (Abadía), Yoli Vieites (Carabela), José Luis Valiño (La Noche), Marta Beiró (Máscara), David Mosquera (Máscara), Víctor (Casa Pérez), Alex García (Máscara), Christian Barreiro (Abadía), Casandra Sánchez (Casa Pérez), Diego Bouzón (Choco), Juanjo Fontoba (Faiscas), J. Alberto Pimpi (Bouzón), Ángela Padermo (Baltasar), Laura Laíño (Casa Pérez), Ángel Otero (Máscara), Pablo Xavou (Nu 2), Plácido Rodríguez (Máscara), Víctor Fungueiriño (Faiscas), Rocío Angueira (Onice), Marisol Pedreira (La Noche), Javier Losas (Máscara), Carlos Pana (Baltasar), Héctor González (Máscara), Fermín Choco (Choco) e José Catalán (La Noche)

Para mañá luns, día 9 de xuño, está previsto o comezo das obras de pavimentación de estrada nacional.

E estrada nacional N-550 vaise pavimentar de novo, logo de realizar un fresado previo. Xa está a maquinaria no aparcadoiro da antiga Casa Castaño (rúa José Novo Núñez) e os sinais e as vallas están colocados pola estrada.
A obra vaise realizar no noso municipio polas noites para evitar os atascos na circulación. Porén, infórmase que como hai mañá unha folga de transportes non é seguro que a obra prevista comece este luns. Hai que lembrar que o material asfáltico e trasladado en camións.

Remata a tempada de ximnasia de adultos en Pontecesures.

A pasada semana remataron estas clases que tiveron lugar no Polideportivo de Pontecesures dende outubro de 2007.
Houbo o venres día 6, na “Parrillada Criollo” unha cea de despedida das alumnas (arredor de 18 mulleres) co monitor Antonio Sande. As alumnas entregaron na cea a este monitor padronés, un agasallo como agradecemento ó seu labor, e polo seu próximo casamento o vindeiro 2 de agosto.
A ximnasia para adultos reanudarase en setembro-outubro próximo.

Subvención de 123.570,90 ó Concello de Pontecesures para contratar nove traballadores.

NOTA DO EQUIPO DE GOBERNO DE PONTECESURES.

A Consellería de Traballo ven de conceder estes días unha subvención o concello de Pontecesures de 123.570,9 euros para contratar 9 traballadores durante 9 meses dentro dos programas de fomento de emprego 2008.

En concreto serán contratados 2 peóns de xardiñería, 6 peóns de limpeza e 1 limpador para os edificios municipais dentro do programa de ??Mantemento e Limpeza de Instalacións, Locais e Xardíns Municipais?.

As ofertas de emprego foron presentadas o pasado día 2 na Oficina de Emprego de Vilagarcía de Arousa que enviará os candidatos/as, para realizarse logo a selección no propio Concello. Os interesados/as deben dirixirse a dita oficina ós efectos de actualizar a súa documentación coma desempregado/a e realizar as consultas oportunas sobre esta oferta de emprego.

Estamos a espera da concesión de outras axudas da Consellería de Traballo para a realización de traballos de tipo administrativo.

Pontecesures, 4 de xuño de 2008

Os contenedores da zona do cemiterio de San Xulián son só para botar restos das flores do camposanto.

O Concello de Pontecesures comunica que en días pasados modificáronse os puntos de recollida de lixo na rúa do Pilar de San Xulián, debido a que o peso do camión podía afundir zonas do Camiño Portugués, recentemento restaurado. Agora, para esa rúa os puntos máis cercanos para depositar o lixo son o contenedor da rúa Cantillo ou no da entrada a San Xulián na estrada nacional N-550.
Prégase ós veciños que se absteñan de depositar bolsas de lixo nos contenedores do cemiterio, pois estes son para depositar os restos das flores do camposanto.
Faise un chamamento para que se sigan estas instrucións.