Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Obras

Para mañá luns, día 9 de xuño, está previsto o comezo das obras de pavimentación de estrada nacional.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

E estrada nacional N-550 vaise pavimentar de novo, logo de realizar un fresado previo. Xa está a maquinaria no aparcadoiro da antiga Casa Castaño (rúa José Novo Núñez) e os sinais e as vallas están colocados pola estrada.
A obra vaise realizar no noso municipio polas noites para evitar os atascos na circulación. Porén, infórmase que como hai mañá unha folga de transportes non é seguro que a obra prevista comece este luns. Hai que lembrar que o material asfáltico e trasladado en camións.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.