O alcalde propón as festas locais para 2007 cando ten que facelo o Pleno.

Dende a Delegación da Consellería de Traballo solicitaron ao concello de Pontecesures que propuxera, coma tódolos anos, as dúas festas locais para publicar nos xornais oficiais concedendo un prazo que remata o 20 de setembro.

O artigo 2º do Decreto 130/2006 da citada consellería polo que se determina o calendario laboral para 2007, contempla que as dúas festas locais serán determinadas polo delegado de Traballo, a proposta do Pleno dos respectivos concellos.

A pesar da claridade da norma, o alcalde Sr. Alvarez Angueira, mediante resolución de 08.09.06, e antes de delegar as funcións do cargo na 1ª tenente de alacalde entres os días 9 e 14 de setembro por disfrutar dun período de vacacións, decide pola súa conta fixar as festas locais sen esperar a pleno algún e sen consultar coa oposición para nada este tema.

Sen entrar a valorar a súa decisión (fixou como festivos locais o 8 de xaneiro San Xulián xa que o propio día que é o 7 cae en domingo, e o día 2 de xullo Luns do Carme) resulta sorprendente que o alcalde incumpla a normativa privando ao pleno (no que por certo está en minoría) de facer a proposta sobre as festas locais.

A ACP denuncia que o alcalde xa leva dous plenos ordinarios sen comparecer e nos que o goberno municipal non propuxo acordo algún. Evita o debate, non quere respostar ás preguntas, non da cumprimento aos acordos adoptados e agora priva ao máximo órgano colexiado do concello que decida un asunto previsto na normativa.

Esta e a capacidade de diálogo e de tolerancia da que fala o Sr. Alvarez Angueira. Quere dirixir a xestión de xeito unilateral sen contar con ninguén despreciando aos representantes das outras forzas políticas que forman parte do pleno da corporación.

Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures

Disculpas públicas de Luis Sabariz a la gasolinera de Redondo.

En relación con lo manifestado por mí el pasado mes de junio de 2006, sobre el exceso de consumo de combustible de un vehículo municipal y en la parte concerniente a la gasolinera A Palmeira (JERS S.L.), quiero exponer lo siguiente:
1-Dichas acusaciones contra la gasolinera fueron fruto del debate político y de la intensidad con la que yo traté este tema. En ningún momento fue mi intención formular acusación contra la estación de servicio.
2-Es cierto que, en cuanto al propietario y personal de la gasolinera, carecía y carezco de prueba alguna que involucrase a éstos en el asunto del gasoil.
3-Quiero disculparme públicamente con el propietario y personal de la citada gasolinera por mis declaraciones.
Luis Angel Sabariz Rolán

De novo temos alcaldesa en funcións

No día de hoxe o alcalde, por motivo do disfrute de días de vacacións, dictou unha resolución delegando as funcións do cargo na 1ª Tenente de Alcalde, Maribel Castro Barreiro entre os días 9 e 14 de setembro de 2007.

E a terceira delegación por disfrute de vacacións que fai o alcalde neste verano. Esperemos que nesta ocasión o alcalde non apareza ou desapareza nos actos ou xestións do concello segundo lle conveñan ou non, como fixo ata o de agora.

Preocupación na ACP pola posible agrupación de secretarias dos xulgados de paz

O pasado día 6 presentouse no concello o seguinte escrito:

O día 15 de setembro remata o prazo para que a corporación de Pontecesures emita o informe solicitado pola Dirección Xeral de Xustiza xa que se pretende publicar unha disposición creando as Agrupacións de Secretarías nos Xulgados de Paz de Galicia. Preténdese agrupar as secretarías de Valga e Pontecesures estando a sede en Valga por contar con mais poboación.

(más…)

A ACP denuncia que se está a desviar e a entubar un regato preto da rúa Sagasta sen autorización algunha.

O día 5 de setembro este concelleiro apreciou que obreiros da empresa do promotor Constantino Taibo Tojo estaban a realizar unha obra de cambio do curso dun cauce natural (se estaba colocando unha tubaría de 50 cms.) por onde coreron sempre as augas que baixan de San Xulián, fundamentalmente en tempos de choiva, e no tramo máis próximo á rúa Sagasta onde o promotor pretende construir un edificio de vivendas (xa preto da desembocadoura do regato no río Ulla).

Este cauce está grafiado e contemplado no PXOM e así este concelleiro sostén que tanto o cauce como a zona adxacente son de titularidade pública non entendendo que o promotor pretenda a desviación para apropiarse do terreo do cauce natural para construir enriba do mesmo, trasladando o regato a unha futura zona de cesión.

(más…)

A ACP denuncia deficiencias nun tramo da rúa Ullán

Xa hai tempo que remataron, ó parecer, as obras de saneamento e abastecemento nas rúas San Lois e Ullán (esta última no tramo que vai dende a estrada nacional N-550 ata a intersección coa propia rúa San Lois).

En dito tramo da rúa Ullán foron retirados, por mor das obras, os vellos báculos do alumeado público e así esta rúa leva sen servizo de alumeado mais de tres meses pois non foron colocados novos puntos de luz para substituir ós anteriores. Incriblemente no centro da vila hai unha rúa sen alumeado e son contínuas as queixas que lle dan os veciños a este concelleiro.

Tamén neste tramo da rúa Ullán, aínda que foron construídas novas beirarrúas, non foi pavimentada a calzada que presenta un estado lamentable.
Prégase ó alcalde que se fagan as xestións oportunas para que sexa colocado o alumeado na rúa Ullán e se pavimente o deteriorado firme.