Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Obras

A ACP denuncia deficiencias nun tramo da rúa Ullán

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Xa hai tempo que remataron, ó parecer, as obras de saneamento e abastecemento nas rúas San Lois e Ullán (esta última no tramo que vai dende a estrada nacional N-550 ata a intersección coa propia rúa San Lois).

En dito tramo da rúa Ullán foron retirados, por mor das obras, os vellos báculos do alumeado público e así esta rúa leva sen servizo de alumeado mais de tres meses pois non foron colocados novos puntos de luz para substituir ós anteriores. Incriblemente no centro da vila hai unha rúa sen alumeado e son contínuas as queixas que lle dan os veciños a este concelleiro.

Tamén neste tramo da rúa Ullán, aínda que foron construídas novas beirarrúas, non foi pavimentada a calzada que presenta un estado lamentable.
Prégase ó alcalde que se fagan as xestións oportunas para que sexa colocado o alumeado na rúa Ullán e se pavimente o deteriorado firme.

Máis sobre isto

5 comentarios

  1. Tiroliro II

    Pois a rúa onde está a sede do PSOE de Cesures non ten luz e nin protestan. Os socialistas viven nunha total oscuridade hai tempo. O “conducator” Angueira frótase as mans

    Responder
  2. Paspallás

    Lembra Tiroliro II que os socialistas de Cesures (por exemplo Daniel Chenlo) levan as luces na cabeza.

    Responder
  3. Bécquer II

    Los socialistas ausentes
    con Chenlo de consejero
    en ignorado paradero
    hay descontento en sus gentes.

    Responder
  4. Paspallás

    Comentoume Daniel Chenlo que como Angueira non lles deu luz na rúa Ullán, cambiaron a sede do PSOE para a Escola de Daniel fronte ó Centro Social.
    Oscar cabreouse moitísimo pero xa Daniel explicou nun bar que era unha maniobra do alcalde para dividir ó PSOE de Cesures.

    Responder
  5. Castro de Cesures

    Ayer pasé por la noche por la calle Ullán y es muy cierto lo que denuncia Sabariz. No se ve un pimiento y en la zona de las plantas del chalet de Carlés y de un arbusto que hay en la acera se pasa realmente miedo. Yo nunca ví una calle central de un pueblo sin alumbrado público. Y viajo mucho.

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.