PPC e POL 2006

Nota da Concellería de Infraestructuras e Relacións institucionais de Pontecesures

O pleno da Deputación Provincial de Pontevedra aprobou o Plan Provincial de Cooperación (P.P.C.) 2006 e o Programa Operativo Local (P.O.L.) 2006 dos concellos da provincia.

Así a proposta deste concello inclúese no P.P.C. a obra de pavimentación de parte da rúa San Lois e da totalidade das rúas Sagasta e Victor García. O importe total da obra ascende a 41.690,17 ? aportando o concello 12.507,06 ?. Este investimento afectará as rúas centrais da vila e así despois de rebaixar o firme pavimentarase o vial que vai dende o paso a nivel central ata a intersección do mesmo coa estrada N-550 e que está en malas condicións xa que foi danado fundamentalmente ó realizar as canalizacións para o gas cidade hai uns anos.

(más…)

Arranxo do alumeado público no peirao

Nota da Concellería de Infraestructuras e Relacións institucionais de Pontecesures

Dende hai tempo esta Concellería viña solicitando a Xefatura da Zona Sur de Portos de Galicia o arranxo do alumeado público no peirao de Pontecesures na zona que vai dende a caseta propiedade de organismo ata a pista polideportiva descuberta por diante da empresa NESTL?. Varios vecinos plantexaron esta deficiencia en numerosas ocasións.
Despois de varias xestións, no día de onte reparouse por persoal dependente de Portos de Galicia o tramo de alumeado público avariado mellorando sensiblemente a seguridade das persoas e vehículos que percorren diariamente o paseo marítimo e o vial portuario.

Pontecesures, 31 de xaneiro de 2006 : O concelleiro delegado – Luis-Angel Sabariz Rolán

O concello máis limpo de Arousa

Segundo o INE, Pontecesures é o concello máis limpo da Arousa con só un 7% da súa poboación vivindo en rúas de escasa limpeza.

Esto contrasta con concellos coma o do Grove no que a porcentaxe e do 70,4%, lembremos que esta porcentaxe é a de poboación vivindo en rúas de escasa limpeza.

Outros datos de outros concellos da Arousa que aporta esta estatística do INE son:

- A Illa: 48%
- Vilagarcia: 38%
- Vilanova: 38%
- Catoira: 36%
- Meaño: 36%
- Cambados: 26%
- Meis: 20%
- Ribadumia: 18%
- Valga: 9,25%

Está moi ben ser os máis limpos, pero mellor estaríamos co 0%, si segundo o censo do 2003 hai 3.062 habitantes, temos que uns 214 cesureños non teñen a súa rúa coma sería de esperar … ¿ Alguén coñece algún de estes 214 veciños ou pensa que as cifras non se axustan á realidade ?

!! A polo 0% !!