Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Obras

Arranxo do alumeado público no peirao

Por Antonio Cortés ·

Nota da Concellería de Infraestructuras e Relacións institucionais de Pontecesures

Dende hai tempo esta Concellería viña solicitando a Xefatura da Zona Sur de Portos de Galicia o arranxo do alumeado público no peirao de Pontecesures na zona que vai dende a caseta propiedade de organismo ata a pista polideportiva descuberta por diante da empresa NESTLÃ?. Varios vecinos plantexaron esta deficiencia en numerosas ocasións.
Despois de varias xestións, no día de onte reparouse por persoal dependente de Portos de Galicia o tramo de alumeado público avariado mellorando sensiblemente a seguridade das persoas e vehículos que percorren diariamente o paseo marítimo e o vial portuario.

Pontecesures, 31 de xaneiro de 2006 : O concelleiro delegado – Luis-Angel Sabariz Rolán

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.