A Barcarola triunfa en la TVG.

Misas hay muchas, y todas se parecen, pero la de la TVG tiene algo especial. No lo digo por lo religioso, sino porque cantar en la misa de la televisión autonómica tiene su caché. Ayer lo hizo A Barcarola de Pontecesures, la asociación que preside la también alcaldesa Maribel Castro. ¡Enhorabuena para las voces cesureñas!.
Como todos saben, todo es empezar. Y quizá despues de la Televisión de Galicia, quizá el siguiente paso sea la española, y después otras. ¡Ánimo!

Columna “A praza da verdura” de Clara Aldán
DIARIO DE PONTEVEDRA, 02/11/09

O cesureño Fernando Rodríguez, único galego que participou no Festival de Cine Árabe Amal, co filme “Seis Estrelas”

“A curta nace da impresión que me causou a relación entre a miña filla e unha nena saharauí”

Amal significa en árabe “esperanza”. Este é o nome que recibe, dende a súa creación no ano 2003, o actual Festival de Cine Euro Árabe que se celebra todos os outonos en Compostela e que se constitúe como unha das grandes citas do audiovisual das que se celebran en Galicia.

Este ano só hai un galego entre os preto de 30 autores que, finalmente accederon ao festival de entre os máis de trescentos aspirantes, a nivel internacional. O protagonista desta historia é Fernando Rodríguez, un veciño de Pontecesures que presentou unha curta documental ao festival e cuxo traballo foi recoñecido coa distinción de ser o único membro da Comunidade Autónoma de todo o cartel. A peza seleccionada leva por nome “Seis Estrelas”.

¿Como se mete unha curta galega nun festival de cinema árabe?

Bueno é que o tema encaixa perfectamente porque versa sobre nenas saharauís en Galicia e a súa relación con nenos de aquí.

¿Como xurde esta idea?

Eu son pai acolledor. Cómpre explicar para quen non o saiba que todos os anos fánse intercambios en Galicia co pobo saharauí, Nenos de ata trece anos pasa aquí os veráns, acollidos por familias que así o solicitan. O documental céntrase pois na experiencia da miña familia.

Descártase que sexa unha curta de ficción…

Claro, é o relato de relación entre os nenos, que me impresionou profundamente.

¿Por que?

Pois por ver como a miña filla acolleu sen máis á nena saharahuí, como unha amiga máis, cunha relación de normalidade absoluta, Os nenos dannos unha lección neste sentido aos maiores. Aínda hai moitos prexuizos nese sentido.

¿De que da conta, pois a historia que se narra nese documental?

Foi rodado con moita frescura, sen apenas guión, Creáronse unhas pautas previas, claro, pero díxoselle ás nenas que tiñan liberdade absoluta para falaren e facer entre elas o que quixeran. Incluso foron as nenas as que escolleron o nome para a curta, “Seis Estrelas”.

¿Cal foi o resultado?

Unha espontaneidade, frescura e naturalidade difícil de describir. Elas falan das dúas cousas, comentan a última gala de Operación Triunfo ou unha serie de cousas intrascendentes para nós, coma un par de amigas máis, que son, realmente, o que son.

¿En que escenarios rodaron?

Pois estivemos en Taragoña, Valga e Santiago.

¿En que datas?

Foi todo no verán de 2007, aínda que gravamos nunha semana. Bueno, a iso hai que sumar, claro, todo o traballo de producción e demáis.

¿Continúa acollendo dende entón á mesma nena?

Non, xusto 2007 foi o último ano que veu. O programa só é para menores de 13 anos. Por iso nos decidimos a facer ese documental no derradeiro verán que estivemos xuntos.

Foi dura a despedida…

Imaxina. Estivera con nós varios veráns e a miña nena xa falaba dela coma a irmá que viña neses tres meses…Ademais estivo un inverno enteiro con nós porque enfermara de tuberculose e quedara aquí.

¿E agora?

Agora estamos xa en marcha. Andamos a procurar financiamento para o novo traballo, pero a cousa está realmente complicada. A nosa intención e facer a viaxe de volta: Ir nós coas nenas aos campamento de refuxiados saharauís e facer alí a outra historia.

“Arousa, un mar de cultura”. DIARIO DE AROUSA, 01/11/09

La entrega del premio Borobó, en Correo TV.

Esta noche, a partir de las nueve, Correo TV ofrece un programa especial en el que se recoge la entrega del primer Premio Borobó de periodismo, convocado por la Asociación de Periodistas de Santiago, cuyo ganador fue Xavier Lama. En el acto, además del premiado, intervinieron el alcalde de Santiago, el secretario xeral de Medios, el director xeral de Promoción Cultural y el presidente de la asociación convocante.

EL CORREO GALLEGO, 31/10/09