Actuarán por esta orde:
-Algueirada de Pontecesures
-Grupo de Casa do Povo de Guimaraes (Portugal)
-Saíñas de Xove
-Xarandeira de Pontecesures.
Hai instalada unha carpa na plazuela para protexer o escenario da choiva.
Actuarán por esta orde:
-Algueirada de Pontecesures
-Grupo de Casa do Povo de Guimaraes (Portugal)
-Saíñas de Xove
-Xarandeira de Pontecesures.
Hai instalada unha carpa na plazuela para protexer o escenario da choiva.
O acto celebrouse no Auditorio de Ferreirós, correspondéndolle á ANPA do CEIP Ferro Couselo de Cordeiro organización do evento.
Logo da actuación do contacontos Cándido Pazó, entregáronse os premios aos nenos dos colexios participantes (CEIP de Baño-Valga e Ferro Couselo de Cordeiro, e CPI Progreso de Catoira e Pontecesures).
TERCEIRO DE PRIMARIA
1º Jacobo Dopazo Ferreiro (CPI Pontecesures)
2º Rubén Villanustre Loureiro (CPI Catoira)
3º Andrea Novo Agrafojo (CEIP Baño) e Manuel Serramito Gómez (CEIP Ferro Couselo)
CUARTO DE PRIMARIA
1º Antía Figueira Gómez (CEIP Ferro Couselo)
2º Antía Sobrino Romero (CPI Catoira)
3º Samuel García Castro (CPI Pontecesures) e Iván Sanmiguel Lorenzo (CEIP Baño)
QUINTO DE PRIMARIA
1º Julia Ribeiro Castiñeiras (CPI Catoira)
2º Julia Viqueira Valero (CEIP Baño)
3º Sabela López Caldelas (CPI Pontecesures) e Roi Pereira Angueira (CEIP Ferro Couselo)
SEXTO DE PRIMARIA
1º Iria Esperón Abril (CEIP Baño)
2º Sergio Martínez Gómez (CPI Pontecesures)
3º Laura Sanjurjo Susavila (CEIP Ferro Couselo)
Ademáis o 6º curso do CEIP Ferro Couselo gañou o I Premio de Investigación Escolar cunha recompilación etnográfica de Manuel de Gens.
Para rematar o acto interpretáronse unhas pezas por un grupo de pandereteiras de Cordeiro.
O concello de Valga agasallou onte a todos os veciños que se achegaron ás oficinas municipais co libro “Ramón Piñeiro. Unha vida en imaxes” co gallo da celebración do Día das Letras Galegas. A celebración completouse cunha exposición de pintura dos nenos dos CEP Ferro Couselo e Baño-Valga.
Tal día coma hoxe, un 15 de maio de 1999,comezaban en probas as súas emisións Radio Valga,sendo o seu primeiro locutor Chema Aboy ,que foi o encargado de poñer o primeiro tema musical en sonou na emisora, o “soul survivor” da holandesa C.C. Catch…dende aquela pasaron moitas cousas, e si somos o que somos agora e gracias a todos vos,ointes , anunciantes ,Exmo.Concello de Valga. Moitas Gracias por confiar en nos.Esperemos que sexan moitos anos máis.
Participaron neste concurso, que se celebra xa hai máis de dez anos, os alumnnos/as de 4º, 5º e 6º de educación primaria do CPI Progreso de Catoira, do CEIP Xanza de Baño-Valga, do CEIP Ferro Couselo de Cordeiro e do CPI Pontecesures.
Nesta edición a organización, que é rotatoria, correspóndelle á ANPA do CEIP Ferro Couselo de Cordeiro.
Os traballos consistiron en redaccións ou poemas en galego e foron xulgados polos mestres de primaria dos centros.
O venres día 15 de maio, ás 19:00 horas no Auditorio de Ferreirós terá lugar a entrega de premios nun acto aberto ao público.
A ANPA do CPI Pontecesures felicita a todos os participantes e convida a nenos e maiores a asistir a este acto de entrega de premios.
Black Soul Motard, grupo da comarca, actuará o vindeiro sábado 16 de Maio, ás 23:00h, no Taboga (Pontecesures).
Con influenzas de rock clásico e dos 70 e moita experiencia en guitarras e batería aseguran unha gran festa o sábado pola noite. A entrada é de balde e comenzará a partires das 11.