Fegaclasic III Edición

Programa

Sábado 16 de maio

11.00 H: Apertura

  • Concentración de motos clásicas e concentración de coches clásicos.
  • Mostra dos veículos de bombeiros máis antigos de Galicia.
  • Monográfico SEAT.(Desde o modelo 1400 ate o 127).
  • Mostra de maquinaria agrícola clásica.

12.00 H:

  • Saída da ruta de motos e coches clásicos: Grobas-Fenteira.
  • Descubirmento da zona máis rural de Pontecesures.

15.00 H:

  • Xantar dos participantes nas concentracións de motos e coches clásicos.

18.00 H:

  • Inauguración oficial da III edición de FEGACLASIC.
    Interveñen: Ángel Jove González, Marcos Vázquez Marey, Manuel e Javier Pazó Olmedo.

18.30 H:CONFERENCIAS.

  • Recuperación do noso patrimonio, por Ángel Jove González. Vicepresidente da Federación Española de Vehículos antiguos (F.E.V.A) e presidente da Fundación ??Jorge Jove?.
  • A mecanización agrícola clásica no territorio galego, por Marcos Vázquez Marey. Enxeñeiro técnico agrícola en mecanización agraria. Presidente da Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica (A.G.A.M.A.C).

19.30 H: MESA REDONDA.

  • Federación Española de vehículos clásicos.
    ??F.E.V.A responde?.
    Ángel Jove González e representantes de F.E.V.A responderán a todas cantas cuestións lles sexan formuladas polos afeccionados aos veículos clásicos e antigos.

20.30 H:

  • Entrega de diplomas a todos os que colaboraron coa organización de Fegaclasic.

22.00 H:

  • Peche.

Domingo 17 de maio

10.00 H:

  • Apertura da feira.

11.00 H:

  • Concentración de coches clásicos.

12.45 H:

  • Actuación do grupo XARANDEIRA.

13.00 H:

  • Homenaxe ante o monumento á memoria das feiras do automóbil de ocasión de Pontecesures.

22.00 H:

  • Peche.

Máis información: fegaclasic.org

Ríos, pesca e lampreas.

Cao chegada da primavera miles de pescadores percorren as beiras dos ríos galegos na procura de experiencias deportivas para uns, e culinarios para outros, que ninguén lle fai mala cara a unhas boas troitas fritidas cun chisco de unto no aceite, malia que agora xa non poidan cumprir os tres “efes” da tradición: fritas, frías e fiadas. A prohibición da súa comercialización acabou co terceiro “efe”.
Pero non ríos galegos non todo é pesca deportiva. Dende hai séculos captúranse nas súas augas especies de indudable interese económico: anguías e lampreas son as máis tradicionais, angulas as máis recentes, e a elas hai que sumar nalgúns as sollas e outras especies menos coñecidas.
Aquí sucede o contrario que coas troitas, e se estas se reservan para a pesca deportiva, a lamprea é presa exclusiva dos profesionais da súa captura, que seguen a empregar construcións técnicas con séculos nas súas costas. Din que as pesqueiras en que se capturan anguías e lampreas se remontan aos tempos dos romanos, índa que algunhas voces autorizadas, como a do arquitecto César Portela, aseguren que tal e como son agora só levan entre nós algúns centos de anos.
A pesca, marítima ou continental, sempre foi obxecto de análise en Galicia, e máis dende que Cornide Saavedra fixo os seus estudos. E o gusto por coñecer máis sobre esta continúa, así que recentemente foron publicados dous libros que abordan o mesmo tema dende dúas perspectivas distintas.
No “A pesca tradicional nos ríos de Galicia” o historiador, arqueólogo, e antropólogo Lois Ladra realiza un profundo estudo sobre a arquitectura da pesca nos ríos galegos, froito dun traballo de investigación ao longo de moitos anos.
Nada máis axeitado ao termo “arquitectura” para definir o traballo que desenvolve Ladra arredor das moi diversas maneiras que ao longo da historia empregaron os habitantes de Galicia para capturar peixes no río e nas ribeiras do mar, con construcións como caneiros, pescos ou pesqueiras que perduraron ata os nosos días en plena actividade, con excepción daquelas zonas onde a proliferación de obras hidráulicas do século XX remataron co peixe. Outras construciós dexáronse de usar e desapareceron pola natureza dos materiais empregados (canas e madeira), e quedou a súa memoria en documentos, libros e ilustracións.
As pesqueiras son tamén protagonistas de “Lampreas e pesqueiras”, obra do xornalista e pescador Miguel Piñeiro, orientado fundamentalmente aos amantes do río e da lamprea.
Na súa obra Piñeiro ofrece tamén moita información sobre as pesqueiras que na actualidade seguen a funcionar nos ríos Miño e Ulla dedicadas á captura de lamprea, e lembra outras, como as do río Tambre, que xa non renden a súa cota anual de peixe por culpa dos encoros.
“Lampreas” e pesqueiras dedica unha boa parte das súas páxinas aos aspectos culinarios e gastronómicos da lamprea, incluíndo receitas e datos sobre os restaurantes máis emblemáticos para os amantes deste peixe.
Ambas as obras son un bo vehículo para achegarnos a un patrimonio cultural e material de tódolos galegos que corre serio perigo de desaparición senón se protexe.

“Lampreas e pesqueiras” de Miguel Piñeiro. Galaxia 2008. 160 páxinas. 19 euros
“A pesca tradicional nos ríos de Galicia” de Lois Ladra. Sotelo Blanco. 200 páxinas. 16 euros.

Artigo de Miguel Vila Pernas. Revista “Tempos Novos”. DIARIO DE AROUSA, 13/05/09