Padrón rescata la “traslatio”, archivada durante casi un siglo.

Padrón recupera hoy en su iglesia parroquial (19.30 horas) la antigua conmemoración de la traslatio, interrumpida durante los últimos setenta años. La corporación municipal acudirá bajo mazas, seguida de la Banda de Música Municipal, a ofrecer su voto al Apóstol Santiago y celebrar, así, la traslación de su cuerpo desde Haffa (Palestina) hasta el puerto de Iria Flavia.
Según el teniente de alcalde y edil de Cultura, Eloy R. Carbia, «este feito dalle á nosa vila unha base histórica, cultural e relixiosa, constituíndo a esencia dos nosos dereitos históricos recollidos nos pergameos dende o Foro de Fernando II e confirmados sucesivamente por todos os reis da monarquía ata Felipe V, que están depositados no Arquivo Histórico Municipal».
El edil, que también es historiador, constata que tales «dereitos» acarrearon a los padroneses «privilexios políticos, económicos e culturais que deron proxección histórica ao noso municipio», por lo que reivindica que «Padrón non pode deixar de ocupar un lugar principal, sendo preciso e necesario recuperar o protagonismo que nos corresponde no fito xacobeo».
De hecho, desde 1.588 está constatada la celebración de la traslatio, aunque fue en el 1.646 cuando las Cortes de Castilla dieron oficialidad a esta conmemoración, lo que convirtió a Padrón en enclave histórico «de peregrinacións europeas e, polo tanto, berce do fito xacobeo».

LA VOZ DE GALICIA, 30/12/08

A mellor música e as mellores voces do 2008.

Todos os participantes conseguiron facer as delicias do público.

O Auditorio de Cordeiro foi o escenario que elixiron a Escola Municipal de Música de Valga e a Coral Polifónica Santa Comba de Cordeiro para despedir o ano de maneira conxunta.
O mellor xeito de dicirlle adeus a un ano no que as dúas formacións seguiron a ofrecer o mellor dos seus repertorios era deleitar cun concerto no que as dúas agrupacións tiveron moito protagonismo.

Por unha banda, as mellores voces do Concello concéntranse na masa coral. A actuación da pasada tarde estivo centrada no repaso dos seus xa grandes clásicos, temas que xa son parte da súa identidade como formación vocal.

No tocante á Escola de Música, houbo algunha que outra sorpresa coa que nun principio non se contaba (posto que non aparecía reflexado no programa que o Concello enviou ás casas de todos os veciños): A Banda Peque e tamén a participación do Coro da Escola de Música.

Actuacións > Os pequenos que subiron ao escenario demostraron coa súa participación que a Banda Municipal ten unha máis ca boa canteira xa que souberon defenderse como se formasen xa parte da agrupación principal. No tocante á intervención do coro, os que nunca tiveran a oportunidade de escoitalos quedaron abraiados coas grandes voces que se están a xestar no seo da Escola. Quizais xa hai de quen pensa en fichar a algunha das sorprendentes voces para as mellores orquestras galegas ou, quen sabe, para as vindeiras edicións de Operación Triunfo, pero tempo ao tempo.

O colofón final púxoo a actuación conxunta da Banda Municipal e a Escola. O que a simple vista puido parecer complicado, ao final causou a impresión no público de que estaban nun concerto da Orquestra e o Coro de RTVE.

DIARIO DE AROUSA, 29/12/08

Rematada en Pontecesures a obra do PEIM 2008 executada en Toxa-Carreiras.

Hai uns días rematou a obra de ancheamento dunha pista que une os lugares de Toxa e Carreiras mediante un retranqueo de muros cunha extensión de 40 metros lineais, previa cesión de terreo por parte do propietario. En concreto a pista pasou dunha anchura de 2,50 ou 3 metros a 4 ou 4,50 metros. O importe da actuación, asumida integramente pola Consellería do Medio Rural, ascendeu a máis de 28.000 euros.

Ademáis destes 40 metros lineais, o concello afrontou o custo, do ancheamento doutros 40 na zona máis próxima a Carreiras, como demandaba a cidadanía. Agora queda no interior destos dous lugares unha pista acondicionada para o paso de vehículos sen os problemas que había antes.

Quere agradecer o concello aos propietarios a cesión dos terreos, asi como anunciar que no futuro están previstas máis actuacións de ancheamentos nos interiores das aldeas para garantir o paso de vehículos e peóns onde sexa posible.

Tamén dentro do PEIM 2008 de Medio Rural, está previsto, nos próximos días, pavimentar unha pista na Paxareira que une coa principal da aldea.

Pontecesures, 26 de decembro de 2008
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro de relacións institucionais

O coro da “Barcarola” cantou onte panxoliñas polas rúas e bares de Pontecesures.

Dende ás 18:30 ata as 21:30 horas da tarde de onte, día de Nadal, máis de 25 integrantes do coro desta asociación cesureña cantou panxoliñas polas rúas e os bares de Pontecesures, tentando de recuperar a tradición de hai moitos anos onde grupos de veciños cantaban estas panxoliñas polas rúas o día de noiteboa.
Os integrantes do coro, vestidos de Papá Noel na súa maior parte, foron moi ben recibidos e moi aplaudidos polos veciños, considerándose como un gran éxito esta iniciativa.
A Barcarola quere agradecer este recibimento e os donativos recibidos nunha tarde fría pero de gran alegría para todos.