O gaiteiro ourensán Pablo Devigo, que foi o máis premiado en 2007 e no que vai de 2008, logo de facer o FARO DE VIGO unha relacion dos gaiteiros solistas máis importantes de Galicia: Dani Bellón, Alberto Coya, Gozalo Abelairas, Pedro Álvarez, Abraham Fernández, Edelmiro, Xurxo Fernández, ?scar Ibáñez,l Marcos Campos, Iván Costa, Anxo Lorenzo, Pedro Lamas, Pablo Seoane… manifestou: “? verdade; non sei por que pero rapazas hai menos. Está Adriana Rivas, que aínda empeza, por exemplo. Pero sí que hai un reparto desigual entre homes e mullere”.
?ltima hora: As choivas e a treboada obrigan a trasladar o Cine da Rúa da Plazuela ó Centro Social.
Hai uns minutos, e por mor da choiva e das treboadas nesta noite, decidiuse trasladar a proxeción da película “The Holidays” ó Centro Social.
Atrásase un pouco a hora de comezo por razóns técnicas. Principiará ás 22:30 horas.
Hoxe ás 22:00 horas, Cine na Rúa na Plazuela.
Hoxe venres día 29 de agosto, ás 22:00 horas proxectarase na Plazuela a película de Nancy Meyers “The Holiday” con Cameron Diaz, Kate Winslet, Jude Law e Jack Black.
Organiza este acto o Concello de Pontecesures co patrocinio de Caixanova.
Pousa Antelo foi recoñecido co premio Ramón Piñeiro “Facer País”.
O premio Ramón Piñeiro Facer País foi outorgado na súa sétima edición a Avelino Pousa Antelo (A Baña, 1914), pola súa «entrega permanente ao país», informou nun comunicado a asociación Val de Láncara, entidade convocante do galardón. O premio ten como fin recoñecer o traballo dunha persoa ou entidade a favor de Galicia.
Corenta candidatos
Pousa Antelo foi elixido entre corenta candidatos ao galardón pola súa «entrega» e o seu traballo como «galeguista, docente, cooperativista agrario, escritor, político e animador cultural» a favor do país. Actualmente, Pousa Antelo é o presidente da Fundación Castelao. Neira Vilas, Isaac Díaz Pardo ou o grupo Milladoiro foron outros dos premiados anteriormente con este galardón.
LA VOZ DE GALICIA, 28/08/08
Don Avelino Pousa Antelo na homenaxe a Ánxel Casal.
Ánxel Casal 1939: hemorraxia nas letras
Teo ??investiu en memoria? na homenaxe ao exalcalde republicano de Compostela, fusilado polos franquistas
Pousa Antelo presidiu a comitiva da ofrenda floral ante o monólito
O certificado oficial de defunción de Ánxel Casal afirmaba que morrera vítima dunha hemorraxia. ??Hemorraxia a que nos fixeron a nós, a todos nós, á política, ás letras e ao galeguismo?, reivindicaba Pilar Buela, vicepresidenta da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica A Oliveira, de Teo. Esta agrupación, xunto coa Fundación Castelao, rendía homenaxe a pasada semana á figura de Casal, último alcalde republicano de Compostela, editor e firme defensor do Estatuto de Autonomía de Galicia, paseado e fusilado na Ribeira de Cacheiras en agosto de 1939 tras o alzamento militar que propiciaría a Guerra Civil española.
O tributo realizouse no lugar en que foi achado o cadáver de Casal e onde hoxe se erixe un monólito na súa honra, a Ribeira de Cacheiras, en Teo, e ata el achegáronse representantes da política e cultura de Galicia, amén de case un centenar de veciños. Os concellos de Arzúa, Santiago e Teo, onde o exrexedor pasou, por esta orde, os seus últimos días, estiveron representados no acto polos seus alcaldes, Xaquín García, Mar Martín (en funcións) e Martiño Noriega. Este último insistiu no compromiso do seu Concello coa homenaxe a Casal, na que participa dende hai dous anos, e a necesidade de ??investir en memoria?, para manter o legado cultural e político de figuras como o alcalde republicano de Compostela, ao que definiu como ??un home da estirpe do lapis da liberdade?.
Especialmente emotivos no seu discurso foron os ilustres galeguistas Isaac Díaz Pardo, pai da lenda Sargadelos, e Avelino Pousa Antelo, presidente da Fundación Castelao. ?ste último falou do ??benquerido amigo e mestre Ánxel Casal, o único que corrixiu o meu galego nos artigos que escribía na mocidade nun xornal de Negreira?.
A lembranza de Casal estivo tamén arroupada na conmemoración do seu pasamento pola súa familia, representada na súa irmá Pura e dúas sobriñas. Ademais, asistiron ao acto, o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, a concelleira nacionalista do Concello de Santiago Elvira Cienfuegos, xunto a unha ampla representación política da Corporación teense.
Xestos simbólicosTextos de estudosos, ofrenda floral e o himno como melódico colofón
Na metade do acto de homenaxe, a asociación A Oliveira leu os textos de dous estudosos dedicados á figura de Ánxel Casal. Os retratos, asinados por Alfonso Mato e Otilia Pérez lembraron a vida e a morte do galeguista. Na recta final do tributo unha representación dos asistentes deposito ramos de flores ante o monólito en homenaxe ao fusilado e soou o himno galego.
TIERRAS DE SANTIAGO, 26/08/08