Don Avelino Pousa Antelo estivo nos actos de entrega da Medalla de Ouro da Xunta a Editorial Galaxia.

309021.jpg

Nun solemne acto celebrado o 25 de xullo en Santiago, que reuniu ás principais figuras da vida política e cultural gallega, o presidente de la Xunta afirmou que «Galicia síntese orgullosa de dispoñer de empresas culturais como a Editorial Galaxia».
No acto estivo presente, Don Avelino Pousa Antelo, persoa moi vinculada a Pontecesures onde foi profesor durante moitos anos. A pesar da súa avanzada idade continúa a participar en todo tipo de actos en favor da cultura galega. Ogallá sexa así por moitos anos.

No I Certame de Gaiteiros Solistas de Padrón, a cesureña Adriana Rivas foi terceira.

Participaron no certame 9 gaiteiros (7 homes e dúas mulleres) neste certame celebrado dentro das Festas do Santiaguiño do Monte. Por mor da forte choiva, que desluciu moito oa romaría, os gaiteiros/as interpretaron as pezas a cuberto no pórtico da capela do Santiaguiño.
O xurado estivo composto por Luis Sanmarco (Valga), Celedonio Guijorro (Madrid) e Javier Blanco (Santiago).
O primeiro clasificado, con premio de 500 ?, foi Gonzalo Abelairas de Ourense. O segundo foi Emilio Rial de Ribeira cun premio de 300 ?. A terceira foi a cesureña do grupo Algueirada, Adriana Rivas Seijo, que obtivo un premio de 200 ?.
Antes, sobre as once horas houbo unha procesión polas rúas de Padrón na que participou o grupo de gaitas «O Pedrón» de Padrón, o grupo «Airiños do Meda», tamén de Padrón, e o grupo «Algueirada» de Pontecesures. Os mesmos grupos folclóricos tamén acompañaron a imaxe do «Santiaguiño Parrandeiro» dende a igrexa parroquial de Padrón ata a capela do Santiaguiño.

Seguimos o rastro da barca do Apóstolo.

ruta-xacobea.jpg

As paraxes do Río Ulla foron un dos escenarios principais da ruta liderada por Sánchez Agustino.

O recoñecido historiador José Luis Sánchez Agustino mostrábase inquedo minutos antes de sair do porto de Riveira acompañado de máis de 150 persoas, que abarrotaron o catamarán meco ??Visión Dous? para poder cubrir a distancia que separa a cidade centenaria de Padrón, localidade onde rematou a XXIV Edición do Remonte do Ulla.
Sánchez Agustino, pai da idea de seguir o camiño dos restos do Apóstolo, ??que non viaxou en barca de pedra?, lembra, xa tentara pór en marcha tan fermosa iniciativa hai case medio século.

Non obstante, a día de hoxe a criatura xa é grande ??per se?, tal e como demostrou o segudno catamarán, procedente de Vilagarcía e que engadiu aos 150 ??navegantes? saídos de Riveira, outros tantos provintes da cidade saliniense.

Entre as preto de 300 persoas que gozaron da viaxe marítimo fluvial do remonte do que foi o primeiro Camiño Santo a Compostela, o de verdade, atopábanse o ex presidente da Xunta de Galicia, Gerardo Fernández Albor, o alcalde de Riveira, José Luis Torres Colomer, e o alcalde en funcións vilagarcián, Xosé Castro Ratón, que participaron, xunto ao resto dos viaxeiros no ágape disposto a bordo das naves de recreo.

Final > Se o inicio deuse na cidade barbanzana de Riveira, onde o ??Visión Dous? partiu ás 14 horas, a chegada estivo marcada no pantalán da ponte de Padrón, onde tivo lugar o acto de despedida, que contou coa presenza do alcalde da localidade, o socialista Camilo Forján Seoane. Xusto na ponte que conecta dúas provincias, Pontevedra e A Coruña, e dúas vilas, a capital do Sar e Pontecesures, tivo lugar a bendición das augas, acontecemento que serviu para dar paso á fermosa viaxe de volta.

DIARIO DE AROUSA, 21/07/08

El resurgir de la muiñeira en el Sar. Actuaron en el Espolón O Pedrón, Anxuiña, Rosalía y Xarandeira.

Desde los cuatro puntos, digamos, cardinales, entraron los acordes de la muiñeira en Padrón; cuatro puntos que coinciden casi con las cuatro antiguas puertas de la villa amurallada. Los acordes de la música tradicional gallega y de raíz llegaron de la mano de cuatro agrupaciones folclóricas, dos locales y dos foráneas: Asociación Folclórica Cultural O Pedrón (organizadora del II Festival Folclórico Vila de Padrón), Rosalía de Castro, Anxuíña (Marín) y Asociación Cultural Xarandeira (Pontecesures).

El pasacalles, que inundó de colorido las rúas del casco histórico, sirvió de aperitivo. Los grupos se dieron cita en la plaza de Baltar para, desde ahí, continuar por la plaza de Macías, atestada de puestos artesanos, y concentrarse en el céntrico paseo do Espolón donde cada grupo actuaría sobre un escenario media hora. Fue un derrame de buenas piezas, buenos acordes y una lección de tradición
folclórica.

El festival, que encandiló al numeroso público presente, se prolongó por espacio de casi dos horas. Al final, como corresponde a cualquier buena fiesta, los participantes intercambiaron impresiones ante un buen ágape.

TIERRAS DE SANTIAGO, 22/07/08