O sábado, día 1 de setembro, Festival de Canto e Música Relixiosa en Pontecesures.

Organizado pola Asociación de Amas de Casa «A Barcarola», o sábado día 1 de setembro, ás 20,30 horas celébrase este festival na Igrexa Parroquial de Pontecesures.

Participarán:

* Grupo Xuvenil de Cordeiro.
* Coro da Escravitude.
* Coro Infantil de Herbogo.
* Coro de Carcacía.
* Coro da Armenteira.
* Felisa (solista).
* Coro «A Barcarola» de Pontecesures.

O emblemático cruceiro da praza dos Valeiros de Porto cae derrubado por mor dunha maniobra do remolque dunha orquestra.

Sobre ás 19 horas do día de hoxe unha maniobra do remolque R-3882-BBV da orquestra Olimpus que vai actuar esta noite na verbena, ocasionou o derrubo do cruceiro de referencia. A base e a columna non tiveron danos e permanecen na praza, pero a cruz caeu rompéndose en bastantes anacos que foron retirados ata o patio da vivenda situada na rúa Deputación 41. Afortunadamente non houbo danos para as persoas.

O concello deu o parte correspondente ó seguro do remolque que se vai fai cargo dos danos e agora o propio concello comunicará esta incidencia a técnicos de Patrimonio da Xunta para que se decidan as obras a realizar para arranxar canto antes este monumento tan apreciado por todos.

Os grupos locais «Xarandeira» e «Algueirada» actúan hoxe nas festas de Porto.

Sobre as 21 horas na rúa dos Namorados de Porto actuarán os grupos folclóricos cesureños «Xarandeira» e «Algueirada» cun importante repertorio de pezas de gaita, baile e pandeireta.
As actuacións comezarán unha vez que a imaxe de San Roque chegue a Porto (taberna de Vieites) en procesión dende a igrexa parroquial. Sae a imaxe da Plazuela ás 20,30 horas.

MERCORES DE FESTA EN PORTO

100_6992-web.JPG
Pois si, outro ano mais estamos de FESTA en Porto…

Onte mécores houbo competición de dragóns, gañando os de sempre:

100_6985-web.JPG
Momentos polémicos, con «abordaxe» incluida …
6977-web.JPG
Premios para uns…
100_7000-web.JPG
E para as outras:
100_7003-web.JPG
Momento picardias 😉
100_7023-web.JPG
E sobre todo… FESTA, moita FESTA:
100_7028-web.JPG
100_7058-web.JPG
100_7061-web.JPG
100_7064-web.JPG
Á noite mais.