Alumnos de los centros escolares de Pontecesures, Valga y Catoira participarán mañana en las instalaciones del colegio Progreso en el acto de entrega de premios de la décima edición del Certamen de Redacción Interescolar. El objetivo del concurso ?cuya organización anual es rotatoria entre las asociaciones de padres de los colegios de los tres municipios del Ullán? es el de incentivar el uso del gallego, además de promover la relación entre los niños de los cuatro centros que participan.
Cultura
O venres teatro no Centro Social de Pontecesures.
O venres día 1 de xuño ás 20 horas, os nenos/as que participan na actividad extraescolar da ANPA do CPI Pontecesures representarán a obra de teatro «O gato con botas» no Centro Social de Pontecesures.
Dende a Xunta Directiva da ANPA facemos un chamamento á cidadanía para que asista a esta representación.
Luis Angel Sabariz Rolán
Presidente da ANPA
Cultura
FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2007
No día de onte celebrouse o Festival das Letras Galegas que dende hai varios anos se organiza por estas datas no noso concello.
Este ano presentación do mesmo correu a cargo da locutora de radio Valga Lidia Gallas, quen foi presentando a cada un dos grupos folcloricos.
Cultura
O grupo «Algueirada» participa hoxe no Festival de Rois.
Hoxe día 20 de maio ás 17 horas terá lugar no polideportivo do Colexio de Dices-Rois o festival de referencia onde participan sete grupos folclóricos.
O evento está organizado polo grupo «Chorima» de Rois e o grupo da ANPA do CPI Pontecesures acudirá cos grupos de gaita, baile e pandeireta.
Cultura
O sábado 19 Festival Folclórico na Plazuela.
Terá lugar ás 20 horas do sábado 19 de maio o Festival Folclórico de Música Tradicional «Letras Galegas 2007» no que actuarán os seguintes grupos:
* Rancho Folclórico Penacova de Coimbra (Portugal)
* Algueirada de Pontecesures
* L’Artusu de Mieres (Asturias)
* Xarandeira de Pontecesures
Organiza o evento o concello de Pontecesures e colaboran a ANPA do CPI Pontecesures, a A.C. Xarandeira e a Deputación de Pontevedra.
Cultura
A gaiteira cesureña Adriana Rivas Seijo participa no II Certame de Gaiteiros Solistas «Manuel Dopazo» en A Bandeira (Silleda)
Celébrase maña domingo a partir das 17 horas e acudiran preto de 15 gaiteiros de toda Galicia (na edición pasada Adriana foi a única muller participante).
As gaitas deberán ser galegas e o gaiteiro só poderá ir acompañado (1 acompañante) de tamboril, caixa tradicional, bombo, pandeireta ou calquera outro instrumento de percusión considerado como tradicional dentro da nosa música, quedando excluídos os de materiais sintéticos.
O estilo e carácter da peza a interpretar, serán necesariamente galegos.
A duración da interpretación non rebasará os 6 minutos (incluida a afinación).
? obrigatorio que os participantes vistan o traxe tradicional galego.
A orde de participación no Certame, será o mesmo que o número de inscrición.
Establécense tres premios, cunha dotación de:
1º. Clasificado: 750 ? e Diploma
2º. Clasificado: 450 ? e Diploma
3º. Clasificado: 200 ? e Diploma
O Xurado cualificador será nomeado pola Comisión Organizadora do II Certame de Gaiteiros Solistas Manuel Dopazo e a súa composición darase a coñecer no día, lugar e hora que se comunicarán oportunamente.
O Xurado cualificador terá en conta a afinación, interpretación, dificultade e rigoroso respecto á orixe e recreación das pezas interpretadas.
O Xurado poderá descalificar a calquera intérprete que non se atinxa ás Bases do Certame.
A Xunta Directiva da ANPA deséxalle a Adriana integrante do grupo «Algueirada» os maiores éxitos.