IMÁXENES DIURNAS DA FEIRA DE ABRIL DE PONTECESURES

Moi boa acollida tivo esta I Feira de Abril organizada polos hosteleiros de Pontecesures.

Algunhas imáxenes recollidas foron as seguintes:

Houbo xente vestida para a ocasion de todas as idades…

100_5864-web.JPG

100_5871-web.JPG

Exhibición a cargo do grupo «Os Caireles» de Vigo

100_5869-web.JPG

Vehículos apropiados para esta Feira

100_5873-web.JPG

Mais baile a cargo de «Miguel e Triana»

100_5880-web.JPG

O público que se animou a subir ó palco a bailar…

100_5886-web.JPG

100_5890-web.JPG

E coma non, sempre algúns «comellóns» e «borrachíns»…

100_5891-web.JPG

O grupo «Algueirada» participa nun concurso en A Estrada.

NOTA DA ANPA DO CPI PONTECESURES

O domingo día 29 de abril o grupo folclórico ??Algueirada? pertencente a esta ANPA participa nun concurso de baile galego en A Estrada que organiza a Agrupación Municipal ??TEQUEXET?LDERE? e que se celebra no Teatro Principal ás 17 horas.
Neste concurso participarán 20 agrupacións de toda a comunidade autónoma e a nosa agrupación intervirá con tres grupos (nenos/as de ata 9 anos, de 10 a 12 anos, e de 12 a 16 anos) cun máis de 30 integrantes en total, baixo a dirección do monitores Martín Agrasar e Miguel Castaño.

Esperamos que teña sorte o noso grupo neste importante evento.

Luis Angel Sabariz Rolán
Presidente

Teatro no CPI Pontecesures

O venres día 27 de abril ás 20,30 horas haberá na biblioteca do CPI unha representación teatral dos alumnos/as de 4º da ESO coa obra MOLI?RE REMIX, baseada en varias obras de Molière.
O prezo da entrada son 3 ? e os beneficios destinaranse para a excursión de remate do curso.

Actividades no CPI Pontecesures

Ata o 27 de abril celebraranse no centro diversos actos culturais en relación co teatro e a música. Entre elas destacan:

* Exposición de carteis e máscaras representativas de teatro grego, elaboradas polos alumnos/as de 4º de ESO e de 4º de educación primaria, respectivamente.

* Exposición de instrumentos musicais, imitando aos instrumentos gregos, elaborados polos alumnos/as de 2º de ESO.
Os pais/nais que desexen visitar estas exposicións poderán facelo en horario de 13,10 a 14 horas.

* Teatro de títeres para alumnos/as de educación infantil e 1º ciclo de educación primaria.

* Representación dunha obra de teatro polos alumnos de 4º de ESO. Dado que estes alumnos/as participan nunha excursión de final de etapa, esta obra representarase para o público ás 20,30 horas da tarde do venres 27 de abril. Espérase a colaboración de todos.

* Asistencia a un concerto didáctico organizado pola Bande de Música de Valga e dirixido por un antigo profesor do centro, director desta banda, os días 26 e 27 de abril.

Aproveitamos tamén para informarlles que os alumnos/as de 4º de ESO participaron no concurso «Correlingua» elaborando un manifesto co que resultaron finalistas neste concurso.

Concurso de redacción «Letras Galegas 2007»

NOTA DAS ANPAS DO CEIP BA?O-VALGA, CEIP FERRO COUSELO DE CORDEIRO, CPI PROGRESO DE CATOIRA E CPI PONTECESURES.

Na tarde de onte tivo lugar nas instalación do CPI Progreso de Catoira una reunión entre os representantes das catro ANPAS para tratar do X CONCURSO DE REDACCI?N para os nenos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria das catro centros para celebrar o dia das LETRAS GALEGAS 2007. (A novidade é que nesta edción se incorporan os alumnos/as de 3º de primaria)

Os traballos deberán ser individuais, en galego, manuscritos ou impresos no ordenador, e sobre tema libre.

O xurado estará composto polos directores dos catro centros e a entrega de premios será o venres 1 de xuño no CPI de Catoira xa que correspóndelle á ANPA de dito colexio a organización da edición deste ano (o ano pasado foi en Pontecesures e ten carácter rotatorio)

As ANPAS dos catro centros queren facer un chamamento á participación dos rapaces e manifestan a súa satisfacción porque unha iniciativa que xurdiu hai xa dez anos se consolide co fin de potenciar a cultura e o uso do galego na comarca.