O PASADO VENRES XARANDEIRA CELEBROU O ANTROIDO

A Asociación Cultural Xarandeira cambiou este pasado venres os ensaios por unha festa de Antroido para os seus participantes.

p(centrado). dscn2953-web.JPG

Coma se pode ver houbo participantes de todas as idades, e polo que parece tiveron carallada da boa.

p(centrado). dscn2948-web.JPG

p(centrado). dscn2960-web.JPG

p(centrado). dscn2962-web.JPG

Pois iso, que todos os membros do grupo oo pasaron en grande e con gañas de repetir estes ensaios…

(Fotos cedidas por Marta, a quen lle pido perdón publicamente polo retraso en publicalas.)

«La Bella Otero» salta a la televisión

Natalia Verbeke protagoniza la biografía novelada escrita por Carmen Posadas

Durante dos años, la escritora Carmen Posadas investigó la vida de Carolina Otero, la legendaria cortesana que llegó a ser amante de reyes, aristócratas y multimillonarios. Nacida en Puente Valga (Pontevedra) en 1868, la agitada vida de la Bella Otero, hija de una familia de campesinos, transcurrió por palacios y casinos. Era inteligente, mentirosa y ludópata. Su biografía, novelada por Posadas en el libro La Bella Otero (editorial Planeta), salta a la televisión en una producción protagonizada por Natalia Verbeke que estará lista para su emisión (en Antena 3 y en las autonómicas) después del verano.

(más…)

Hoxe teatro infantil

Hoxe venres día 16 ás 18 horas o grupo «TALIA TEATRO» representará no Centro Social de Pontecesures a obra «MUNDOS CONTADOS» con entrada libre e gratuita. Organiza o acto o Concello de Pontecesures a Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago e S.A. de Xestión do Xacobeo e a Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla.

Ficha da Obra:

Autora: Paula Carballeira

Directora: Paula Carballeira

Elenco: Marta Ríos

Público: Todos os públicos

Sinopse: Din que cada persoa é un mundo, pero Samba, a nosa protagonista, garda varios mundos dentro dela. Din que a Terra tamén é un mundo, pero se nela viven milleiros e milleiros de persoas, en realidade a Terra son milleiros de mundos diferentes. De entre todos eses mundos, Samba vai escoller uns poucos para contarnos as súas historias. Son, polo tanto mundos contados, mundos que existen, dende hai moito tempo. Algúns permanecen, outros non. O que si conservamos son os seus contos. Xa se sabe, mentres hai memoria? hai esperanza.

[Imaxe e información da obra www.igaem.xunta.es]

A cesureña Beatriz Porrúa dá o salto ó teatro coa obra infantil ‘Tarará Chis-Pum’

A cantante cesureña Beatriz Porrúa que dera o slto á popularidade en 2003 debido a súa participación no programa musical da televisión «Operación Triunfo», decidiu cambiar momentaneamente o micrófono pola escea e debutar este fin de semana en Vigo como actriz de teatro formando parte do elenco da obra «Tarará Chis-Pum», producida polo Centro Dramático Galego e que nos vindeiros meses percorrerá boa parte de Galicia, chegando incluso a outros puntos de España coma a cidade asturiana de Xixón.

(más…)