No lugar que hoxe é coñecido coma A Calera (Pontecesures), situado a carón da pista que une Porto coas Cortinallas e A Devesa, consérvanse aínda os restos duns impresionantes fornos para a calcinación de pedra caliza, construídos con bloques de pedra, que se poden ollar detrás da fábrica de fosas sépticas «PRU».
Cultura
Festa aniversario de O show dos Pallasos en Pontecesures.
17,00 Horas.
SHOW DOS PALLASOS E XABAXIRA.
O pavillón municipal acolle a festa aniversario do Show dos Pallasos, na que haberá reparto de merenda e agasallos, inchables e actuación dos pallasos. Por primeira vez chegará a Pontecesures a Xabaxira do Xabarín Club da TVG. Os nenos deben levar os seus carnets de socios.
21,30 Horas
HUMOR E M?SICA NO PEIRAO
A festa continuará no peirao co pregón a cargo do dúo Risoterapia e a actación dos humoristas Pacheco e Lorenzo de Arcade. Logo, verbena coas orquestras Os Satélites e Capitol e o dúo internacional Montse e Luis Queimada.
DIARIO DE PONTEVEDRA 29/12/06. Columna de «HOXE NON DEBES PERDER….»
Cultura
Retrásase a exposición de pintura na Casa do Concello.
Dentro do programa de actividades de nadal organizadas polo concello de Pontecesures está prevista a Exposición de Pintura de Mulleres da Asociación A Barcarola. Foi aunciado que a data de comezo sería o día 23 de decembro, pero posponse para o día 26 de decembro.
Os cadros serán expostos no semisoto da Casa do Concello e a exposición estará aberta de 10 a 13 horas (os domingos e festivos estará pechada) ata o día 5 de xaneiro de 2007.
Cultura
‘Mr. Misto’ e Cultura traen a cinco concellos do Salnés as mellores curtas do Estado
A Consellería de Cultura, co apoio da productora «Mr. Misto Films», realiza estes días, baixo o nome de «Curtas no Nadal», unha ambiciosa campaña de proxeccións de curtametraxes por toda Galicia, nunha xira que terá unha das súas principais etapas nos concellos da Ría de Arousa.
(más…)
Cultura
A panda catódica enrólase nun concerto itinerante por Galicia
Tras os éxitos acadados nas últimas edición de Correlingua e Voz Natura, o xabarín enrólase nun concerto itinerante polas vilas de Galicia, coas melodías das series televisivas versionadas para a ocasión polo músico vigués Pablo Novoa.
(más…)
Cultura
As Patifas
O vindeiro 23 de desembro iniciarase a grabación do documental «As Patifas», no que alumnos do curso de iniciación de curtas homenaxean a este colectivo de mulleres cesurñas. Ese mesmo día tamén celebrase a tradicional maratón (ás 4 da tarde).