A gaiteira de Pontecesures Adriana Rivas Seijo participará noutro concurso de gaiteiros solistas.

A gaiteira Adriana Rivas Seijo de 14 anos de idade e pertencente ó grupo «Algueirada» da ANPA do CPI Pontecesures. participará no I Certame de Gaiteiros Solistas «Manuel Dopazo» que se celebrará en Bandeira (Silleda) o vindeiro domingo día 18 de xuño.

Tomarán parte no concurso un máximo de 20 gaiteiros/as que só poderán levar un acompañante para a percusión, non rebasando as interpretacións os seis minutos.
Nestes días Adriana está a últimar a preparación co profesor du grupo Miguel Castaño.

A xunta directiva da ANPA deséxalle a Adriana os maiores éxitos polo traballo e dedicación que esta a amosar no manexo da gaita galega. Asi mesmo queremos agradecer o profesor o labor que está a realizar na formación muisical da rapaza.

O grupo folclórico Algueirada actúa o venres día 9 no programa LUAR da TVG

O grupo «Algueirada» dependente da ANPA do CPI Pontecesures actúa o venres día 9 no programa de referencia que comeza sobre ás 21,40 horas. O programa desenvólvese en directo no plató 1000 da TVG de Montouto (Teo).

Actuarán uns 20 rapaces e rapazas de entre 10 e 16 anos dirixidos polo monitor de danza e pandeireta Martín e o monitor de gaita Miguel.O sábado e o domingo próximo o grupo tamén actuará nas Festas de O Pazo (Rianxo).E unha satisfacción para a xunta directiva da ANPA que o grupo se consolide para potenciar o folclore galego entre os nenos/as de Pontecesures.

A Barcarola pechou o Ciclo de Teatro de Maio, ca obra «A herdanza do tío Pedro»

Este pasado Domingo 28 de Maio o grupo de teatro da Asociación «A Barcarola» representou a obra a «Herdanza do Tio Pedro». Este grupo de 10 actrices e actores cesureños dirixido por Fernando Rodríguez tiveron o apoio dunhas 200 persoas que se congregaron no Centro Social para ver esta obra da que quedaron satisfeitas e impresionadas ca súa representación, e ós que os representantes desta asociación queren agradecer a súa presencia.

A obra pechou o ciclo de teatro que houbo durante o mes de maio en Pontecesures organizado polo Concello e no que adicadou maio coma mes cultural.

A Barcarola anima a todas aquelas persoas ás que lle gustaría participar no seu grupo de teatro, a que se poñan en contacto con esta asociación para poder ter mais representacións teatrais ó longo do ano e darlle maior continuidade nos 12 meses.

Entregados onte os premios do concurso de redacción «LETRAS GALEGAS 2006»

Na biblioteca do CPI Pontecesures, entregáronse onte os premios do concurso de referencia organizado pola ANPA do centro e no que participaron os nenos de educación primaria dos CEIP de Baño-Valga e «Ferro Couselo» de Cordeiro e dos CPI «Progreso» de Catoira e Pontecesures.

Os gañadores das distintas categorías foron:
-4º curso. Alberto Rivas de Jesús (CPI Pontecesures)
-5º curso. Paula Martinez Suárez de Centi (CPI de Catoira) e Sara Azidane Chenlo (CEIP Baño-Valga)
-6º curso Xenxo Campaña Fernández (CEIP de Cordeiro)

Antes da entrega de premios polos representantes dos tres concellos e pola directora do CPI Pontecesures, houbo unha magnífica charla da filóloga e poeta Elvira Riveiro Tobío que comparou a poesía de Lugrís Freire coa dos poetas galegos modernos.
Despois de ler a súa redacción Xenxo Campaña en representación de tódolos premiados a ANPA agradeceu a colaboración co evento da conferenciante, dos profesores dos centros, da Deputación de Pontevedra e de Fernando Rodríguez Gómez.
Para rematar o acto interpretou (moi ben, por certo) o himno do antigo reino de Galicia a gaiteira Adriana Rivas Seijo que é alumna do CPI Pontecesures e pertence ó grupo «Algueirada» dependente desta ANPA.
A organización desde concurso no vindeiro ano correspóndelle a ANPA do CPI «Progreso» de Catoira.

Pontecesures, 30 de maio de 2006
Luis Angel Sabariz Rolán
Presidente da ANPA do CPI Pontecesures

Nota da ANPA do CPI Pontecesures sobre os alumnos da comarca nominados para os premios do concurso de redacción «LETRAS GALEGAS 2006»

NOTA DA ANPA DO CPI PONTECESURES

No día de onte o xurado do Concurso de Redacción ??LETRAS GALEGAS 2006 ?? no que participan alumnos de 4º, 5º e 6º de educación primaria dos CEIP de Baño-Valga e ??Ferro Couselo? de Cordeiro, e dos CPI ??Progreso? de Catoira e Infesta de Pontecesures.

Os nenos/as nominados para os premios foron:

4º Curso.
Javier Iglesias Calviño (Cordeiro) ??O colexio?
Alberto Rivas de Jesús (Pontecesures) ??O tren que non paraba nunca?
Iria Varela Río (Baño-Valga) ??Galicia, unha comunidade protexida?

5º Curso.
Sara Azidane Chenlo (Baño-Valga) ??A vida nos recordos?
Cristina Mariñoi Fernández (Pontecesures) ??O meu avó?
Laura Susavila Rodríguez (Cordeiro). ??As bromas de Roxelio?
Paula Mariño Suárez de Centi (Catoira) ?? A illa do bosque?

6º Curso.
Xenxo Campaña Fernández (Cordeiro). ??A taberna dos meus avós?
Isabel Vello Heleno (Baño-Valga) ??Irmá Natalia?.
Paula Conde Couselo (Catoira) ??Un soño feito realidade?
María Campaña Otero (Pontecesures). ??A nai de Carlos?

A entrega de premios será o luns 29 de maio ás 17,30 horas na biblioteca do CPI Pontecesures nun acto ó que están convidados ós alcaldes dos tres concellos e que contará coa presenza da filóloga Elvira Riveiro Tobío que disertará sobre a obra de Manuel Lugrís Freire e a poesia galega.

Pontecesures, 26 de maio de 2006

Luis Angel Sabariz Rolán
Presidente da ANPA

El Concello de Pontecesures abre una cuenta para poder sufragar las fiestas patronales

En Pontecesures no hay quien quiera hacerse cargo de la organización de las fiestas del Carmen de ahí que, por segundo año consecutivo, el Concello haya tenido que tomar cartas en el asunto para evitar que los festejos dejen de celebrarse.

Con tal motivo, ha abierto una cuenta bancaria para que los vecinos hagan aportaciones con el fin de reunir fondos que permitan contratar las orquestas de las verbenas previstas para el 1, 2 y 3 de julio. Los ingresos se pueden hacer en Caixanova, en la cuenta 2080-01-1271-0000083762, hasta principios de julio.

Los primeros donativos ya han llegado y el Concello hace ahora un llamamiento a la hostelería cesureña con el fin de que hagan también aportaciones. El balance definitivo de la recaudación estará a disposición pública con el fin de dotar al proceso total transparencia. El año pasado se recaudaron con esta fórmula alrededor de 12.000 euros.

«La Voz de Galicia»:http://www.lavozdegalicia.es/ed_arousa/noticia.jsp?CAT=113&TEXTO=4800287