Malla do trigo en Valga.

Os manles volveron a bater onte sobre o a palla de trigo no patio do colexio Ferro Couselo, onde se celebrou unha nova edición da malla dentro dos Encontros Interxeracionais promovidos polo Concello. Os maiores deron aos rapaces toda unha lección de como antano se traballaba o campo, cando as máquinas eran aínda unha utopía.

Con traxes tradicionais

n Os escolares foron ao baúl das súas avoas en busca de prendas tradicionais para non desentonar durante a representación da malla.

Música de pandeireta

Non todo vai ser traballo e para bater ben, con gañas e ritmo fixeron falta os sons tradicionais da nosa terra: a música de pandeireta e o batir das cunchas xunto con algunha que outra copla.

DIARIO DE AROUSA, 30/09/11

Recital de «manles» en Valga.

A malla do trigo fíxose onte no patio do colexio Ferro Couselo de Valga.

Nenos e vellos rememoraron a tradicional malla do trigo

Autor:
Os manles volveron petar contra a palla. O fixeron a conta da escenificación da malla do trigo que se organiza cada ano en Valga co fin de recuperar a tradición do agro galego. No outono pasado sementaron, en xuño recolleron a colleita e onte tocou separar o grao da planta. O seguinte será a moenda e logo virá a cocción do pan no fin de festa, con degustación incluída.
A asociación Axentiva e colaboración co Concello leva catro anos con esta experiencia, na que se lle da o protagonismo a vellos e pequenos. José Burés, José do rato como se lle coñece por alí, non fallou onte. A pesar dos seus 94 anos e dos achaques fixo voar o manle xunto con Bienvenido, Ricardo, José, os dous antonios e tres manolos. Non faltou o chiquito para tomar folgos e un público formado por nenos dos colexios Ferro Couselo e Baño, o alcalde e un fato de veciños como Lita e Carmen, que din estar encantadas de vivir esta volta ao pasado.

LA VOZ DE GALICIA, 30/09/11

Actos de la coral Santa Comba de Cordeiro.

La coral polifónica Santa Comba de Cordeiro celebrará una asamblea general el 22 de octubre en la que se aprobará, si procede, el estado de cuentas y se elegirá una nueva junta directiva.
La comida, a la que pueden asisitir tanto socios como acompañantes, ses celebrará el sábado 8 de octubre a las 14 horas, en el aparcamiento situado detrás del Auditorio de Ferreirós. El menú se compondrá de empanada, «pulpo á feira», carne ao caldeiro y tarpa larpeira, así como vinos, aguas, refrescos y café. La comida se celebrará bajo una carpa por si se dieran unas malas condiciones meterológicas durante la jornada.
El plazo de inscripción para participar en el almuerzo concluyó el pasado lunes.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 28/09/11

Nenos e maiores mallarán mañá o trigo en Cordeiro.

Mañá xoves, a partir das 11 horas, terá lugar no patio do colexio Ferro Couselo de Cordeiro, a malla de trigo enmarcada dentro dos IV Encontros Interxeracionais do Concello de Valga. Os maiores da asociación AXENTIVA procederán a malla-lo trigo ao xeito tradicional, cos antiguos manles. Os Encontros Interxeracionais pretenden achegar xeracións ao concello e que os maiores transmitan a súa experiencia, sabedoría, formas de traballo, tradición oral, xogos populares, etc.. aos máis novos, para que non se perdan no esquecemento, ademais de fomentar o respecto e a tolerancia, explica o Concello de Valga.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 28/09/11