Arturo Lores Santamaría cumpre un ano á fronte da parroquia.

Tomou posesión Arturo Lores o día 3 de setembro de 2006, e no día de hoxe, na misa de 12, foi obxecto dunha homenaxe «sorpresa» (ó cumprirse o primeiro ano á fronte da parroquia de San Xulián de Requeixo) por parte do Coro da Barcarola que interpretou unhas cancións no propio oficio relixioso, sumándose tamén o grupo cesureño «Xarandeira» cuios gaiteiros interpretaron varias pezas na cerimonia e unha vez ramatada ésta.

(más…)

Atractivos encontros de fútbol entre solteiros/as e casados/as nas Festas de Porto.

Mañá sabado día 18 de agosto ás 18,00 comeza no Campo de Fútbol «Ramón Diéguez» o primeiro dos partidos enfrontándose as solteiras contra as casadas. Ambolos dous equipos estiveron preparándose nestes días conn fortes sesións de adestramento para chegaren con bó tono físico ó encontro. Incluso preparáronse tácticas e estratexias para as xogadas a balón parado.

Rematado este partido saltarán ao terreno de xogo os equipos de homes de solteiros e casados que tamén tiveron os seus adestramentos.

Hai unha gran expectación, tanto en Porto como en toda a comarca, por presenciar os encontros esperándose unha magnífica entrada no recinto deportivo. Pola calidade dos equipos e pola rivalidade o espectáculo esta garantido.

Faise un chamamento ás persoas que teñan novas sobre a previa dos partidos (posibles alineacións, árbitros, etc..) para que faciliten información neste medio. Asi mesmo, sería moi interesante que alguén publicase logo fotografías destes importantes eventos deportivos para coñecemento xeral.

Hoxe día 16 de agosto, cucañas na Ponte.

As 18,00 horas da tarde de hoxe, día de San Roque, celébranse as tradicionais cucañas na ponte do río Ulla organizadas pola Comisión de Festas da Ponte (Padrón) que anuncia que haberá magníficos premios os gañadores.

As cucañas de A Ponte teñen unha gran tradición e son moitos os espectadores que presencian as mesmas tanto na ponte romana, coma nas dúas marxes do río. Tratase ademáis dunha tarde semifestiva pois son varios os comercios que pechan as súas portas tanto en Padrón como en Pontecesures.

Enhorabuena a Radio Valga por lo bien que lo hacen.

Somos unas chicas de Padrón y queremos felicitar a todos los que trabajan en Radio Valga porque lo hacen muy bien y escuchando la emisora nos entretenemos mucho. Ponen buena música y los locutores son muy enrollados. Además no se lo tienen nada creído porque hablan con todo el mundo.

Salo y sus amigas (Padrón)

Sección de Cartas al Director.
TIERRAS DE SANTIAGO, 14/08/07