Dende hai 2 semanas tíñamos a nova de que o noso xogador José Carlos García estaba preseleccionado para a selección galega infantil masculina. Por elo vai ter que acudir a mediados deste mes de xullo a unha concentración da selección infantil que se vai celebrar en Pontevedra, durante 1 semana. A esta preselección acuden 16 xogadores de toda Galicia, para posteriormente escoller ós 12 xogadores que representarán a Galicia no próximo campionato de España de seleccións autonómicas, previsto para principios de 2010 en Extremadura.
Ademais, a sorpresa agradable douna no día de onte Antia Sanmarco Martínez, pois foi convocada igualmente para a preselección galega alevín feminina. Tamén terá que concentrarse durante unha semana no centro de tecnificación de Pontevedra, neste caso do 20 ó 24 de xullo, e tamén pode chegar a disputar o campionato nacional con Galicia.
¡¡¡ Noraboa e sorte a ambos !!!