Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Deportes

BALONCESTO: MAÃ?Á SABADO GRAN FINAL INFANTIL FEMININA DE COPA

Por fru ·

Será mañá sábado ás 17 h. no Grove cando por fin se xogue a final copeira infantil feminina deste ano, logo do erro federativo polo que se fixou para hai 2 semanas dito partido en Pontecesures, pero sen contar co outro club participante, o Meco de O Grove, que era quen tiña prioridade para organizala final.

Asi as cousas, o equipo vai acodir ó Grove con toda a plantilla ó completo, incluidas as 2 alevíns, polo que Antonio terá á súa disposición as 12 xogadoras que clasificaron ó equipo para esta final. Esperemos que poidan facer un bo partido e alzarse co título, logo da decepción da pasada fin de semana, onde nin os cadetes nin os nenos infantís lograron clasificarse para as súas finais, ó perder de 13 e de 2 os seus partidos da pasada xornada.

Este partido supón o peche da temporada oficial a nivel de clubs, quedando a vindeira fin de semana o ultimo torneo de seleccións zonais por disputarse, onde tamén integrantes do C. B. Rio Ulla terán presencia neste torneo de seleccións.

Logo terán os ultimos adestramentos do ano hasta finais de mes, momento onde haberá unhas merecidas vacacións para todos os integrantes do club.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.