Este pasado domingo o equipo poido celebrar diante do seu público o título de liga conseguido matemáticamente a xornada anterior, cando inda faltaban 2 encontros, logo de gañar no Grove.
Así, este día o equipo saltaba a disputar o encontro da penultima xornada xa co título de campeonas arousanas cadetes; o que lle dará dereito a pelexar por unha praza na liga galega 2014-15, nunha fase de ascenso que se xogará no vindeiro mes de maio.
O equipo Cadete femenino 2013-14 campeon de liga está formado por:
Adestradora: Noelia Garcia
8.- Antia Sanmarco
17 .- Antia Dominguez
15 Antia Varela
21.- Sara Rey
11.- Candela Lafuente
31.- Maria Navarro
Antes de disputar o encontro, as rapazas do equipo infantil do club, que acababan de disputar o seu partido de liga, as homenaxearon co «pasillo» coma campionas.
Destacar o comportamento equipo do rival este día, o equipo Cadete do Cortegada, que se sumou a este pasillo nun xesto de enorme deportividade, moi aplaudido pola afición cesureña.
Ambos equipos posaron xuntos antes de empezar este encontro.
O partido estivo entretido, inda que finalmente gañou o Rio Ulla por 68 a 46, nunha nova exhibición de bo xogo.
E ó rematar o encontro empezaba a festa de celebración, con tarta incluída.
A directiva do club; Andrés Quintá, patrocinador; e membros da corporación cesureña fixeronse a foto acompañando ás campionas.
Correspondeulle a Noelia, coma responsable última deste título ligueiro, facer os honores de cortar a tarta das campionas.
Tarta que foi saboreada polas xogadoras, adestradores, directiva, pais e público que nos acompañou nesta festa.
¡¡¡ PARABENS CAMPIONAS !!!