O A Palmeira gaña o torneo de futbito de Valga tras empatar co Sol y Mar na derradeira xornada.

O Campionato de Futbito Veterán de Valga disfrutou o pasado domingo dunha derradeira xornada de Liga soñada. Unha xornada na que os dous candidatos ao título, o A Palmeira e o Cafetería Sol y Mar, se enfrontaban entre si. O resultado, un empate a uns que lle deu o primeiro posto final ao A Palmeira por un único punto, 57 fronte a 56.
O resto da xornada deixou os seguintes marcadores: A Redonda 3-2 Benjamín Ramos; Trans. Veiga/Bar O Belén 4-2 Valdeza/Bar Juan; Joyería Riveiro 0-0 Bar Muelle; Desigual 2-3 A Cacharela/Karymo; e A Casa Vella 2-0 Extrugasa. O Elite Electricidad descansou.
Á marxe do campión e do subcampión, a clasificación final quedou así: 3º A Cacharela (49 puntos), 4º A Redonda (47), 5º Bejamín Ramos (44), 6º Trans. Veiga (34), 7º Valdeza (33), 8º Desigual (28), 9º A Casa Vella (23), 10º E. Electricidad (22), 11º Bar Muelle (17), 12º J. Riveiro (16), e 13º Extrugasa (16).
Francisco Javier Vázquez Taibo, do Benjamín Ramos, rematou o campionato como máximo goleador con 32 dianas, e Carlos González González, do A Palmeira, como porteiro menos goleado logo de encaixar 18 tantos. O A Redonda, cunha ducia de amonestacións, levouse o trofeo á deportividade.

LA VOZ DE GALICIA, 20/05/09

O equipo infantil feminino do C.B. Río Ulla xogará a final de copa en Pontecesures

Equipo infantil feminino 2008-09

Esta tarde a delegacion arousana da federacion galega de baloncesto confirmou que o polideportivo de Pontecesures vai ser a sede da final da copa arousana, na súa categoría infantil feminina, este próximo sábado día 23 de maio, en horario pendente de determinar. 

A esta final chegan 2 dos mellores equipos da competición zonal, onoso equipo Extrugasa Rio Ulla e o Meco de O Grove. Ambos equipo enfrentaronse varias veces ó longo do ano, cun balance final de 2 victorias para cada equipo.

Anunciaremos con tempo a hora do partido, esperando contar con numeroso público que anime ás nosas rapazas para que este título quede no noso club.

Tamén o equip masculino conta con posibilidades de chegar á sua final. Quedanlle 2 partidos da liguilla copeira, e de momento están con 2 gañdos e 0 perdidos nesta fase final. Gañando 1 dos 2  aseguranse estar na súa final, que tamén temos pedido para organizar polo noso club. Sería na fin de semana do sábado 6 de xuño.

O Náutico de Pontecesures acude a competicións esta fin de semana.

Dobre cita do piragüismo arousán en Lugo, en ríos e en promoción
Imprimir Volver Fin de semana axetreado o que teñen por diante os equipos arousáns de piragüismo, cunha dobre cita en augas de Lugo. A primeira delas, a edición 53 do Descenso do Miño de Lugo, esta tarde a partir das cinco, con trece modalidades en lid de categorías cadete, xuvenil e sénior. Todas elas individuais agás os K-2 masculinos.
O Náutico O Muíño, cunha presenza testemuñal, o Piragüismo Cambados e o Náutico Pontecesures compiten xunto co As Torres-Romaría Vikinga, que con 17 embarcacións inscritas loitará por desbancar o Kaiak Tudense do alto da clasificación da Copa Galega de Ríos. O equipo sureño aventaxa en 2 puntos o catoirense logo de gañar a única proba do calendario disputada ata agora, en Portonovo.
Mañá pola mañá, os sete equipos do Salnés e do Baixo Ulla citaránse, de novo en Lugo, na terceira regata da Copa Galega de Promoción, que será tamén a segunda proba zonal da Copa de España da especialidade. A proba cobra especial relevancia para os padexeiros do Piragüismo A Illa e das Torres. Os primeiros figuran empatados a 138 puntos á fronte da clasificación autonómica co Náutico Firrete, e os catoirenses igualados xusto por detrás co Unión BRT a 130.

LA VOZ DE GALICIA, 16/05/09

BALONCESTO: HORARIOS DESTA FIN DE SEMANA

Esta semana temos os seguintes partidos, con estes horarios:

Cadete Masculino: Sábado ás 11.45 h. en Pontecesures, contra o Estudiantes de Pontevedra.

O partido mais facil da copa a priori, xa que na liga gañaran os nosos de 70 puntos. Os nosos non deben de descuidarse e coller ritmo para os vindeiros partidos que decidiran os finalistas copeiros da categoría.

Infantil masculino. Domingo ás 17.15 h. en Pontecesures, contra Estudiantes de Pontevedra.

Este partido presentase moi igualado, pois na liga os de Pontevedra gañaran ós nosos por pouca diferencia.

– Infantil femenino. Sabado ás 19.15 h. no Grove, contra o Meco.

Con este partido pechase a liguilla de copa, e ambos equipos están clasificados para a final, que se xogará probablemente a vindeira fin de semana. Partido intrascendente por tanto, pois o bo vai ser a a final, pero o 1º posto desta liguilla está en xogo.

– Alevin mixto. Sábado ás 17 h. contrra Xuven, en Cambados.

ificil partido para os nosos, que si queren chegar a xogar as semifinais copeiras , terán que gañar contra un rival directo para meterse de segundos. En caso contrario sería o derradeiro partido da temporada, e a despedida da actegoría de varios xogadores/as deste equipo da escola, pois para o ano por idade pasan para os infantís.

Por fru, fai

La última jornada decidirá el título en el campeonato de fútbol 7 de Valga.

El campeonato de fútbol 7 de veteranos de Valga llega a la última jornada con el vencedor por decidir porque el A Palmeira y el Cafetería Sol y Mar se enfrentarán el próximo domingo y solamente un punto los separa. El pasado fin de semana los dos sacaron adelante sus encuentros respectivos sin demasiados problemas. El A Palmeira superó al Benjamín Ramos (3-1) y el Cafetería Sol y Mar al Joyería Riveiro (5-1). Ellos dos son los únicos conjuntos con opciones de pelear por el triunfo porque el tercer clasificado está ya a diez puntos del líder. La pelea por esa tercera posición es otro de los focos de atención de la última cita del torneo.
Resultados, jornada 25:
A Palmeira 3-Benjamín Ramos 1, Valdeza / Bar Juan 2-A Redonda 1, Cafetería Sol y Mar 5-Joyería Riveiro 1, A Cacharela / Karymo 1-Trans Veiga / Bar O Belén 2, Bar Muelle 2-A Casa Vella 0 y Elite Electricidad 2-Desigual 0. Clasificación: A Palmeira, 56 puntos; Cafetería Sol y Mar, 55; A Cacharela / Karymo, 46; A Redonda y Benjamín Ramos, 44; Valdeza / Bar Juan, 33; Trans Veiga / Bar O Belén, 31; Desigual, 28; Elite Electricidad, 22; A Casa Vella, 20; Extrugasa y Bar Muelle, 16 y Joyería Riveiro, 15 puntos. Jornada 26: A Redonda-Benjamín Ramos (9.00), A Palmeira-Cafetería Sol y Mar (9.50), Trans Veiga / Bar O Belén-Valdeza / Bar Juan (10.40), Joyería Riveiro-Bar Muelle (11.30), Desigual-A Cacharela / Karymo (12.20) y Desigual-Extrugasa (13.10).

LA VOZ DE GALICIA, 13/05/09