BALONCESTO: O EXTRUGASA VENCE ESTA MA?Á EN PONTECESURES NUN PARTIDO MOI COMODO: 82 ?? 34

EXTRUGASA RIO ULLA = 82

Gulli (8), Peñaño (15), Diego (6), Victor (5), Pino (9), Pedro (3), Nacho (6), Santi (17), e Pepi (5).

LICEO CASIO DE PONTEVEDRA = 34

Victoria moi facil ante un equipo que se presentou con 6 xogadores, e perdeu no descanso a un por lesión. Os cesureños plantexaron o partido para rotar a todos os seus xogadores e así foi. A defensa individual superou ós de Pontevedra en toda a 1ª parte. De inicio foi Santi no poste baixo quen resolveu no ataque (10 puntos neste cuarto), con boas asistencias de Pepi. Os 5 minutos o parcial era de 9 ?? 2, e ca sensación de que non se aproveitaba esa boa defensa. E así foi: do minuto 6 ó 10 a defensa roubaba e sacaba bos contrataques, e senón movíase con moito orden o balón contra a zona 2-3 visitante, o que daba opcións de bos tiros de 3 puntos. Gulli con 2 e unha ultima de Santi deixaron o marcador nun 23 ?? 6.

Saiu Peñaño a dirixir ó equipo no 2º cuarto e rapidamente tomou o mando do mesmo: con 3 triplas, balons roubados e asistencias (13 puntos en 5 minutos) foise o partido no minuto 15 ate un 42 ?? 8 o quue fala da enorme diferencia de xogo entre ambos equipos. Ademais nestes minutos finais xa tiñan xogado todos os xogadores dispoñibles. Diego, Cachote e Santi con unha tripla cada un seguiron anotando en pleno recital dos lanzadores, indose o partido ó descanso a un 55 ?? 12.

A 2ª parte pouca historia tivo: Os de Pontevedra eran 5 no campo e o Extrugasa o tomou mais relaxado. Así se perderon mais balóns e non se defendeu tanto, e so Juanjo resolvia no inicio con 6 puntos seguidos: polo que no minuto 25 o marcador estaba en 61 ?? 24, pois os de Pontevedra cargaban mais o xogo en accions de 1contra 1 no poste baixo xa que Cesures tiña 3 pequenos en pista. Nese momento o adestrador local puxo ó seu equipo nunca zona 3 ?? 2 e acabaronse eses ??1 contra 1?. ? final do cuarto chegouse 67 ?? 26.

E no ultimo cuarto o partido foi similar: control do rebote defensivo, de novo Santi e Diego anotaron de 3 e as diferencias que se amplian ata o 72?? 32. Dende ahí ata o final un novo parcial de 10 ?? 2, e remata o encontro: 82 ?? 34.

Piragüistas do Náutico desprázanse á proba de promoción de Baleares e ao Descenso do Miño en Lugo.

O piragüismo arousán participa hoxe en dúas probas de moi distinta índole. Con centos de quilómetros de separación, o calendario fixo coincidir a segunda regata da Copa de España de Promoción, en Ibiza, coa segunda cita do calendario do Gran Premio de Galicia de Ríos e de Travesías, o Descenso do Miño de Lugo.
Ata a illa balear desprazáronse 64 embarcacións de Arousa e do Baixo Ulla, encabezadas unha vez máis pola expedición das Torres-Romaría Vikinga, con 19 piragüistas. Non en van, o club catoirense está obrigado a gañar para compensar o seu terceiro posto na primera regata do calendario nacional de Promoción, desputada en Los Alcázares de Murcia con victoria do Náutico Rodeira de Cangas e co Breogán-Outón Xunqueiriña no segundo posto do podio.
Na mesma liña, o equipo grovense participa hoxe en Ibiza con catorce palistas, dous menos có Piragüismo Illa de Arousa, oitavo en Los Alcázares. Náutico O Muíño de Ribadumia, con seis rapaces, Náutico Pontecesures, con cinco, e Liceo Casino de Vilagarcía, con catro, completan a representación arousá na proba.
En paralelo á cita ibicenca, tamén en xornada de tarde, o Descenso do Miño celebra a súa edición 52. E faino como segunda regata do Gran Premio de Galicia de Ríos e de Travesías.
Novamente, o As Torres xógase moito no envite. E é que defende o seu liderato provisional na clasificación autonómica, logo de asinar a mellor puntuación por equipos na proba dos Muíños o pasado día 1. Unha ducia de palistas loitarán polo segundo trunfo catoirense.
Tamén o Piragüismo A Illa e o Náutico O Muíño confían en loitar polo podio, como demostra o seu amplo despregue de efectivos, 16 polo bando illense e quince polo equipo de Ribadumia. Ademais, acoden a Lugo o Náutico Pontecesures, con nove piragüistas, o Piragüismo Cambados, con sete, e o Liceo Casino de Vilagarcía, con tres.

LA VOZ DE GALICIA, 10/05/08

BALONCESTO: HORARIOS DOS PARTIDOS DO C. B. EXTRUGASA RIO ULLA NA FIN DE SEMANA

SENIOR

Extrugasa Rio Ulla – Liceo Casino de Pontevedra: domingo ás 12 en Pontecesures.

Cadete Masculino

Domingo ás 10.30 h. no Grove: C. B. Grove  Extrugasa  Rio Ulla

Infantil Masculino

Sabado ás 17 h. en Pontecesures Extrugasa Rio Ulla – E-.D.M. Estradense

Infantil Femenino

Sábado ás 12.30 en Cordeiro: Extrugasa Rio Ulla – Arxil de Pontevedra

Alevin femenino

Sabado ás 10.30 en Pontecesures: Extrugasa rio Ulla – Liceo B de Vilagarcia

Alevin Masculino

SAbado ás 19.15 en Pontecesures: Extrugasa Rio Ulla – Dorna de A Illa

Por fru, fai

Manifestación en el coto de Ximonde

La actual temporada salmonera en el Ulla será recordada porque dos periodistas dieron la cara y demostraron la problemática de la adjudicación de permisos en el primer río salmonero de Galicia.

Manifestación en el coto de Ximonde

Los dos cañistas consiguieron sendos permisos en una de las casas de turismo rural – que por primera vez desde hace muchos años disponen de permisos de pesca para turismo – y se negaron a pescar en señal de protesta reivindicativa.

Casi 50 personas se presentaron en el coto de ximonde a lo largo del día para solidarizarse con ellos y desplegaron una pancarta alusiva a la reclamación.

La demandas y observaciones del grupo fueron que en Asturias los permisos turísticos son sólo para extranjeros, que los permisos facilitados a las casas de turismo rural deben ocupar los tres meses de campaña y no sólo el mes de mayo, que se repartan entre los tres cotos del Ulla y que si nadie quiere Couso no tiene sentido que siga siendo coto.

Uno de los pasos a dar es conseguir una interpelación parlamentaria para conocer cual fue el criterio de concesión de permisos, si se pueden vender a cualquier pescador y si tiene obligación de pernoctar en el alojamiento turístico.

Los pescadores tienen verdadero interés en saber si la Administración concederá el próximo año estos permisos para el Eo (Louredal, Piago Mayor, etc) con los mismos criterios.

Según las mismas fuentes, un tramo libre para pescar salmón en el Ulla es la solución más oportuna a la carencia de permisos.

:: Miguel Piñeiro :: www.miguelpesca.com

Ránkings individuales a nivel nacional de piragüismo.

Náutico Pontecesures y As Torres también cuentan con sus propias figuras a nivel individual. Los cesureños Álvaro Loureiro, en canoa cadete de segundo año, y el internacional André Oliveira, que la próxima semana acudirá al Europeo Absoluto, en canoa júnior de segundo año, aspiran a copar desde el segundo puesto el liderato de sus ránkings nacionales. Ambos, con los catoirenses Antonio Manuel Lobato y Diego Romero como terceros en discordia.

LA VOZ DE GALICIA, 07/05/08

O CLUB BALONCESTO RIO ULLA INVITADO A VER O PARTIDO DE LIGA LEB ENTRE O ROSALIA E O BREOGAN

Estes pasados dias directivos do equipo de baloncesto Rosalia Beirasar de Santiago, que participa na liga LEB Ouro, puxeronse en contacto con membros do C .B Rio Ulla para invitar ós seus equipos da canteira a presenciar no Pabellón do Sar, en Santiago, o derbi galego entre o Rosalia e o Breogán de Lugo. Para elo puxeron a disposición deste noso club un autobus de 55 prazas que esperamos encher cos nenos e monitores do club, así coma calquera afeccionado que queira acudir, pois queren que o pabellón teña a maior entrada de espectadores posible.

Este partido é intranscendete a efectos da clasificación, pois na penultima xornada da liga ambos equipos galegos están clasificados para xogar o plaioff de ascenso á ACB. O Breogán agora mesmo está 3º, mentras que o Rosalia é 8º. Sube directamente á ACB o 1º da liga regular, e a outra praza de ascenso será para o gañador de 3 rondas de plaioffs que xogarán do 2º ó 9º desta liga regular. Se acabasen nestes postos ambos equipos galegos terían que enfrentarse entre eles na 1ª ronda do, xa que o 2º se enfrenta ó 9º, o 3º ó 8º, etc.

O autobús sairá dende a zona da piscina de Pontecesures (terreo de Valga) este venres ás 19.30 h., pois o encontro comeza ás 21 h. e hai que estar 1/2 hora antes. O regreso voltará ó mesmo sitio, calculando que chegue sobre as 23.15 h. Anímase a todos os afeccionados que aproveiten esta ocasión para acudir gratis a presenciar dito partido. E de paso queremos agradecer a deferencia que tivo o Rosalia de Santiago connosco.