Apaixonado do fútbol que recuperou o Furia.

Se a Casa Vella é “case a miña vida”, o fútbol e a paixón persoal de Xenaro Barreiro. Unha paixón que leva máis aló da afección exercendo como apóstolo do balompé entre os seus veciños. Así foi como, xunto cun grupo de amigos, se decidiu durante unha desas boas comidas e fartura e conversa a recuperar o Furia, un equipo desaparecedo durante a Guerra Civil. Era o ano 1996, e o Furia se nutriu case ao día seguinte dunha boa canteira da man da asociación de pais de alumnos do colexio de Baño. O maior porblema do club, o trato discriminatorio que, denuncia Barreiro, ten o concello de Valga, favorecendo, afirma o veciño Cordeiro, “onde adestra o fillo do alcalde”, sinala o rexente da Casa Vella. “Nós temos un campo en Campaña, no que non podemos practicamente cobrar entrada porque ten unha rexiña pola que se ve todo, mentres o Cordeiro xoga no campo de arriba”, con moitas máis comodidades. No Furia, Barreiro viviu o episodio máis feliz da súa vida pública. “No ano 97 tiñamos tres nenas no equipo cadete. Pxémolas a xogar cos rapaces. e na Federación Galega dinnos que non podían. Empezamos a recorrir, a recorrir e a recorrir. Presentamos informes de sociólogos, psicólogos e pedagogos. Ata que conseguimos que en todas as competicións deportivas dependentes das federacións galegas poidan xogar homes e mulleres sen distinción. Inda o outro día me chomou a nai dunha rapaza de Asturias para preguntarnos polo caso porque vira a nosa web”. “Foi unha época marabillosa”, rememora.

LA VOZ DA GALICIA, 02/02/10

A Cacharela/Karymo, campión do II Memorial de Fútbol 7 “Victoriano Trenco”.

Gañou a final está mañana no campo “Ramón Diéguez” de Pontecesures ao Cafetería Sol y Mar. O tempo regulamentario rematou con empate a un tanto. Nos penalties, a Cacharela/Karymo marcou os tres lanzamentos, mentres o Sol y Mar marcou só dous.

Os resultados das semifinais que se disputaron antes foron:

Caf. Sol y Mar, 2
A Palmeira, 1

Rosalía Vet, 2
A Cacharela /Karymo, 4

O PONTECESURES C.F. DE FUTBOL SA INICIA A TEMPADA CUNHA CONTUNDENTE VICTORIA POR 10 a 1 DIANTE DO MUCOVI DE VILAGARCIA

Ante un rival frouxo os pupilos de Marcos Pichi foron quen de impoñerse por , gracias a unha 1ª paret fabulosa, na que gañaban por 7 a 0. A clave foi a presion sobre a saida de balon dos visitantes, e cun xogo bonito de toque e rapidez, foron anotando goles (3 nos 6 primeiros minutos de partido).

A 2ª parte foi menos vistosa, xogando sen tanta profundidade, e repartindo minutos para todos os integrantes do equipo.

1º gol da tempada, ós 50 segundos de partido.

Grela anota outro tanto na 1ª metade.

O equipo retirandose no descanso. O fondo vese nop marcador o 7 a 0.

BALONCESTO: MA?Á DOMINGO O EXTRUGASA RIO ULLA INICIA UNHA NOVA TEMPORADA CO SEU 1º PARTIDO OFICIAL.

Neste caso será o equipo cadete masculino, inscrito para xogar a fase zonal previa clasificatoria para a liga galega o que inicie de xeito oficial a tempada 2010-11. Xoga ás 12 da mañá en Vilagarcia, contra o equipo do Liceo Casino, un dos favoritos para esta competición.

Tamen está inscrito para xogar este previa o outro equipo cadete, o feminino, que o fará nas vindeiras semanas.

Destacar que este ano o club pasou de 7 a 8 equipos: 1 euipo senior, 1 junior masculino, 1 cadete masculino e outro feminino, 1 infantil feminino e outro masculino, e 1 alevin feminino e outro masculino.

Sobre 100 xogadores federados van conformar o club nesta tempada que se inicia.

Actualmente está aberto o prazo para anotarse a todos aqueles rapaces/as que queiran formar para do club, especialmente os nados entre 1997 a 2001. (infantis e alevíns). Os de 2002 a 2004 poderán participar na escola municipal. En breve darase a coñecer os horarios para este tempada.

Equipos infantis masculino e feminino 2009-10 posando cos titulos acadados en xuño pasado. Ambos foran subcampions de liga zonal, e gañadores das copas zonais da categoria.

O PONTECESURES C.F. INICIA ESTA TARDE, EN PONTECESURES, A SUA TEMPORADA NA LIGA PROVINCIAL DE FUTBOL SÁ

Este tempada 2010-11 o Pontecesures C.F. vai participar na liga provincial de futbol sá, organizada pola federacion galega de futbol sá.

O equipo está formadopor xovenes de Pontecesures, con experiencia neste tipo de campionatos.

Esta tarde, a partir das 16.30 h. no polideportivo cesureño, e contra o Mucovi de Vigo iniciase esta competición.

Animar os afeccionados/as ó futbol sa  a acudir a presenciar o encontro.

O domingo 26, semifinais e final do II Memorial de fútbol 7 “Victoriano Trenco”.

Resultados dos encontros de cuartos de final disputados o pasado domingo, 19 de setembro:

Desigual, 0
A Palmeira, 2

Extrugasa, 2
Caf. Sol y Mar, 2
(clasificada a Caf. Sol y Mar por penalties)

Rosalía Vet., 3
Bar Muelle, 1

Joyería Riveiro, 1
A Cacharela/Karymo, 3

O domingo, 26 de setembro, disputaranse as dúas semifinais no Campo de Fúbol “Ramón Diéguez”, simultáneamente ás 10 horas. Os enfrontamentos serán:

A Palmeira-Caf. Sol y Mar
Rosalía Vet.-A Cacharela/Karymo

Ás 11:30 horas terá lugar a apaisoante final entre os gañadores. Espérase a presenza de moitos afeccionados.