Extrugasa Rio Ulla = 66
Gulli (20), Diego (-), Victor (4), Pedro (2), Juanjo (9), Santi (4), Arturo (15), Pepi (12).
Liceo de Vilagarcía = 53
Gulli con 20 puntos (4 triplas) e a dirección do equipo que fixo durante os 40 minutos foi o líder dun equipo que soubo ir de menos a mais en ambas metades do partido.
Gulli e Pepi foron un tamdem perfecto neste encontro.
Comenzou o encontro igualado, pero pronto os vilagarciáns colleron as primeiras diferencias ante un Extrugasa que só anotaba 8 puntos no 1º cuarto. Así ó final do mesmo o marcador era de 8 ?? 12.
Un cambio a zona 2 ?? 3 permitiulle ós cesureños ganar en defensa, co que o Liceo foi o que tiña problemas para anotar, mentras que os locais gracias a Gulli, e Pepi e Arturo na zona visitante, empezabana a notar mais fluidamente. Parcial de 17 ?? 7 en 8 minutos, e cando o tiñan todo a favor para cegar ó descanso cunha boa diferencia, desapareceron de novo os cesureños da pista, mais pendentes dos árbitros que de xogar. Así neses 2 minutos un parcial de 0 a 5 deixou ó marcador no descanso en 25 ?? 24.
Comenzou a 2ª parte e o Extrugasa colleu unha pequena nova diferencia no marcador: 31 ?? 26, pero outra vez se descentraron co a pésima arbitrase do encontro e o Liceo doulle a volta ó encontro (min 26: 33 ?? 39), logo dun parcial de 2 a 13. Nos minutos finais do cuarto, Gulli con 5 puntos e Arturo dentro da zona con 4 acercaron ó Extrugasa a 2: 42 ?? 44.
Con todo por decidir, no derradeiro cuarto mantiveronse os visitantes por diante uns minutos, pero Gulli primeiro e Santi logo acertaron con 2 triplas que puxeron de novo ó Extrugasa diante (48 ?? 47). A partir de ahí non hobo cor: o Liceo borrouse do partido, adicándose a protestar ós arbitros, e os Extrugasa sentenciou o partido nos tiros libres: 5 puntos de Pepi puxeron o marcador 53 ?? 47, e logo según iban pasando os minutos as diferencias foron ampliándose ata o triple final de Victor sobre a bocina, con suspense incluido. Ben os 2 rapaces tamén neste encontro: Victor e Juanjo, aportando puntos e xogo durante os minutos que estiveron sobre a pista.