Cando só quedaban 3 partidos de liga, e a pesares de contar con numerosas baixas, o que fixo que só acudisen 6 xogadores a disputar o encontro ( o porteiro e 5 xogadores de campo) , o Pontecesures C. F. impúsoxe este pasado sábado polo resultado de 1 a 3 ó Paderna na súa cancha. En palabras do adestrador «Pichi» o equipo merecía un triunfo antes de que rematase a liga, polo traballo e adicación destes meses pasados. Tamén destacou que os bocatas tomados nos Caneiros sabian a gloria…
Hoxe luns o equipo xoga en Noia ás 21.30 h. o penultimo partido da liga, que fora aprazado no seu día. O equipo segue a contar con baixas por lesións, pero vai xogar co obxetivo logrado de acadar algún triunfo…