COMEZA A TEMPADA 2007 PARA O NÁUTICO

Club Náutico PontecesuresEste vindeiro sábado comeza a tempada oficial a nivel galego para todos os clubes da autonomía nas categorías cadete, xuvenil e senior ca disputa do Control Galego de Inverno na distancia de 5.000 metros. Esta será a primeira das tres probas do calendario de inverno, dando paso o Campionato Galego e finalmente o Campionato de España.

As grandes bazas do Náutico para estas primeiras probas do calendario son os tres canoístas que se atopan concentrados en Pontevedra, Adrián Vicente e Álvaro Loureiro ca selección galega cadete e André Oliveira na selección española xuvenil; sen olvidar o resto dos rapaces que se atopan adestrando día a día no Ulla.

Este ano será un ano dificil, encontramonos cun cambio de instalación, sen apenas duchas e auga quente, na que as condicións non son as mellores, pero o esforzo pagará a pena para nun futuro poder disfrutar dunhas instalacions acordes a este duro e sacrificante deporte. Pese a todo isto o obxectivo será intentar superar os resultados da tempada 2006.

Sen máis, un sáudo, Javier Bouzas

MA?Á AS 5 PARTIDO DE FUTBOL SÁ NO POLIDEPORTIVO

Mañá sábado as 5 en Pontecesures xoga o equipo de futbol sá do Pontecesures C. F. Nesta ocasion o rival é o Laracha, equipo ó que esperan facer frente para intentar acadar puntos, logo do mal resultado acadado en Boiro a semana anterior (8 – 1) para os do Barbanza.

p(centrado). pontecesures c.f.

Acudide a animar ó equipo.

HORARIOS DOS PARTIDOS DO C. B. RIO ULLA

p(centrado). basket1.jpg

Xunior Masculino

Sabado 10.30 h. en Pontecesures

Extrugasa Rio Ulla – Estudiantes de Pontevedra

Infantil Masculino

Sabado 12.30 h. en Pontecesures

Extrugasa Rio Ulla – Estudiantes de Pontevedra

Senior

Domingo as 11.30 h. en Cambados

San Tome de Cambados – ExtrugasaRio Ulla

O CLUB BALONCESTO RIO ULLA SORTEA UNHA MAGNÍFICA CESTA DE ANTROIDO

Dende hai varios anos os membros do club de baloncesto venden por estas datas boletos para o sorteo dunha magnífica cesta de antroido, agradecendo de antemán a colaboración de todo o pobo, pois sempre vendimos todos os boletos.

A cesta sortearase o vindeiro venres 23 de febreiro, cas 3 ultimas ciffras do cupón da ONCE dese día.

O contido da cesta é a «cachucha» de porco  e o lacon típicos destas datas, a ducia de chourizos, os grelos, as patacas, o viño e licores varios, o paquete de café, así coma outros productos que completan esta magnífica cesta.

Os beneficios da mesma serven para cubrir parte do orzamento do club neste 5 meses de competición que nos quedan para rematar a temporada 2006-07.

Colaborade co club. Moitas gracias.

O PONTECESURES C. F. DE FUTBITO INICIA A 2ª VOLTA DA LIGA

Este vindeiro sábado pola tarde o Ponteceseres de Futbol sala inicia en Boiro a 2ª volta do campeonato, ante un equipo dos chamados difíciles, polo que puntuar parece complicado. Tan só acadaron, de momento, 2 empates, no que levamos de liga, precisamente nos dous ultimos partidos disputados. En palabras do «mister» Pichi, intentaran non quedar de últimos por aquelo da honra, polo que acadar algunha victoria canto antes é o obxetivo para este reinicio de liga. O que s illes quedou claro é que o equipo empezou moi «verde» esta liga, escapándoselles puntos por pecar de inexpertos e pola ansiedade por acadar bos resultados. Agora, co equipo mais rodado intentarán seguir prantando cara ós seus rivais.

Dende aqui ánimo a todos e a gañar dunha vez, que non sodes tan malos. Sorte.

HORARIOS DOS PARTIDOS NA FIN DE SEMANA DO C. B. RIO ULLA

Esta vindeira semana temos tan só 3 encontros:

SENIOR –> Sábado 19.30 h. en Pontecesures

Extrugasa Rio Ulla – Liceo de Pontevedra

ALEVIN –> Sábado as 11.30 h. en Pontecesures

Extrugasa Rio Ulla – C. B. Grove «A»

–  BENXAMÍN –> Domingo as 17 horas na Illa de Arousa-

Concentración mensual entre os equipos dos clubs Cortegada, Xuven, Dorna e Rio Ulla.

Por fru, hace