Agora o colexio pouco importa. Nota do BNG de Pontecesures.

cimg0201.jpg

cimg0208.jpg

O BNG informa acerca do mal estado no cal se atopa o CPI de Infesta e o seu recinto escolar. Obsérvase un total abandono destas instalacións que se aprecia a simple vista. Destacamos:
1.- O patio escolar, zona de lecer e esparcemento para os alumnos, atópase con abundante maleza, de máis dun metro de altura e lixo abundante. Nas actuais condicións difícilmente os rapaces poden aproveitar convintemente as instalacións educativas.
2.- Os canalóns do edificio da ESO atópanse totalmente atorados discurrindo a auga da choiva pola parede do edificio, incluso pódese observar baixantes totalmente corroídas polo óxido que, aparte de ofrecer un lamentable aspecto, supón un risco evidente para os alumnos.
Para o BNG o único responsabel do estado de abandono das instalacións educativas é a actual equipa de goberno que ten a responsabilidade e obriga de manter en perfecto estado ditas instalacións, para o cal dispoñen de fondos específicos da administración autonómica.
Ao parecer este goberno prioriza outro tipo de actuacións (actos lúdico-festivos, relixiosos, etc) e deixa de man cousas , ao noso parecer, moito máis importantes como son manter en bo estado as instalacións municipais, en concreto as do CPI de Pontecesures.
18 de maio de 2008
Consello Local do BNG

Saíu á rúa a revista «O Voceiro do Pino Manso» 2008 elaborada polos alumnos/as do CPI Pontecesures.

Neste mes de maio publicouse dita revista que ten 71 páxinas e que foi elaborada en base a diversos traballos dos nenos do centro (debuxos, redaccións, contos, etc..).
Por suposto que tódolos traballos son merecentes de publicarse neste medio, pero tiven que seleccionar algúns, pois sería imposible para min, transcribir todos. Aí van:

«Unha moite, a lúa cansa de ver aos animais durmir, agochouse. Os animais pola mañá descobriron que a lúa non estaba. Entón os animais dixéronlle ao señor lebre que fora a buscar. O señor lebre encontrouna e díxolle que a botaban de menos. A lúa doi ao bosque e pediulle perdón aos animais. Desde aquela noite, a lúa quedou no seu sitio».

Texto manuscrito. PAULA OLIVEIRA IGLESIAS 2º B

UNHA POESÍA.
Ábrese un grama
sea unha flor
A primavera
ole á calor
Todas as prantas
falan de amor
Sol,
choiva,
vento,
calor.
¡Primaveriña…!
¡Que leda están!

Manuscrita. SABELA L?PEZ CALDELAS. 4º A

XUSTIZA PARA A NOSA SOCIEDADE. Actualmente, na nossa sociedade (que, por certo, avanzou moito en canto a este tema) dáse un nivel de igualdade maior entre mulleres e homes. Aínda así, as mulleres teñen, en moitos casos, unha remuneración máis baixa e cústalles máis que ós homes atopar traballo.
Moitos homes pensan que as mulleres débense adicar exclusivamente ás tarefas domésticas (coma antes) e facerlle caso a eles (obedecer todas as súas ordes); ás veces, cando elas amosan a súa personalidade e ssaben dicir «non», o home recurre á violencia (tanto física como psicolóxica).
O 8 de marzo coñécese como o dia da Muller Traballadora en homenaxe a unhas traballadora dunha fábrica téxtil que se declararon en folga para denunciar as pésimas condicións de traballo e de seguridade dos seus postos. Por pertencer ó sexo feminino, pagábanlles peor e tratábanas diferente. Mentres reivindicaban os seus dereitos laborais, a fábrica na que mantiñan o seu encerro, foi incendiada con elas dentro. A lenda di que saíu fume violeta porque as teas e os fíos cos que estaban a traballar eran desta cor; por iso, o Dia da Muller Traballadora indentifícase coa cor violeta.
Algunhas reflexións ás que nos leva este día son:
¿Por que a cor rosa ten que ser para o sexo feminino? (nos bebés, por exemplo).
¿Por que nos anuncios publicitarios de xoguetes os automóbiles sempre son para os nenos e as bonecas para as nenas?.
¿Por que nalgunhas familias con dous fillos da mesma idade deixan saír ó neno ata máis tarde e danlle máis cartos?
¡Por que as mulleres son as que, en moitas casas, fan as tarefas da fogar e os homes mentres están a descansar? Elas tamén chegan cansas dos seus traballos.
Moitas cousas, por sorte, xa están cambiando, pero aínda hai moito por mellorar.
¡Fagámolo entre todos!

Texto manuscrito. EVA GERPE LIMERES e PABLO POTEL MARI?O. 6ºB

ANDORRA SOBRE ESQUÍS. Todo comezou ás once da noite do 29 de marzo de 2008…Todos viñamos coas maletas. Dentro tiñamos unha morea de ilusións por chegar ó lugar desexado. Para iso, tivemos que agardar unhas quince longas horas de viaxe ata chegar a Andorra.
O entrarmos en Andorra, o primeiro que vimos foi a marabillosa e sorprendente paisaxe chea de montañas e neve. A cidade non estaba moi poboada aínda que tamén había pequenas aldeas nos cumes das montañas. Máis tarde fomos ata o hotel chamado «San Eloi», situado na vila de Sant Juliá, onde nos instalamos e estivemos toda a semana.
Os seguintes días fixemos diversas actividades. Polas mañas esquiabamos seis horas que se nos pasaban voando, dende as seis ata as doce con monitores e despois esquí libre. Aínda que houbo algunhas caídas, axiña nos levantabamos cun sorriso e con ganas de seguir esquiando. Logo, polas tardes, iamos a patinar sobre xeo; tamén visitamos a cidade de Andorra e o último día coñecemos o Balneario de Caldea, no que había varias saunas e moitas piscinas interiores e ao aire libre, dende as que se vía a cidade. Como fomos de noite estaba Andorra iluminada. Foi precioso!
Tamén puidemos coñecer uns rapaces ingleses que se aloxaban connosco no hotel, que non entendiamos ben pero cos que nos comunicabamos como podiamos por sinais. Tamén coñecimos os monitores, cos cales collemos confianza moi axiña, xa que eran moi divertidos e cariñosos.
O día 5 de abril chegou o peor: a volta á casa despois dunha semana chea de diversións. Ninguén quería volver. A viaxe de volta foi máis levadeira, xa que estabamos cansos e durmimos moito
Dende aquí queremos dar as grazas a Felipe e a Paula porque, de non ser por eles, non poderíamos gozar desta incrible e inesquecible excursión. Simplemente GRAZAS, profes!

NURIA RÍO BOULL?N e ERIK PENEDO JAMARDO. Alumnado de 3º de ESO B.

Una alumna del IES padronés Macías O Namorado gana un certamen de narración.

Cinco alumnos del instituto de educación secundaria Macías O Namorado de Padrón participaron recientemente en el decimotercer certamen nacional de joven narración El cuentacuentos, organizado por la biblioteca del colegio Arturo Soria de Madrid, con el propósito de fomentar la lectura y la creación literarias en su faceta narrativa. De los cinco jóvenes, los tres que fueron seleccionados como finalistas son Adrián Méndez Calvo (2º ESO), Olivia Figueira Núñez (3º ESO) y Alberte Villamartín Rodríguez (3º ESO).
Finalmente, Olivia Figueira se hizo con el primer premio y Alberte Villamartín con el finalista. El acto de entrega de los premios está fijado para el viernes 23 de mayo, día en el que se celebrará una gala en el salón de actos del colegio madrileño, adonde acudirán los estudiantes padroneses para recoger sus premios, que consisten en trofeo, diploma y tres ejemplares de la publicación en ambos casos, además de 200 euros para la ganadora Olivia Figueira.
Ayer, el IES Macías O Namorado quiso felicitar públicamente a los estudiantes del centro, para sumarse así a las «felicitaciones que ya habrán recibido» por los éxitos cosechados en el certamen que, tal y como recuerdan desde el propio instituto, se celebró a nivel nacional con la participación de alumnos de distintas autonomías.

LA VOZ DE GALICIA, 17/05/08