Cunha escasísima asistencia de pais/nais (unhas 25 persoas) foi elixida a nova xunta directiva da ANPA do CPI Pontecesures.
O acta da sesión é a seguinte:
SESI?N EXTRAORDINARIA DA ASEMBLEA DA ANPA CELEBRADA CON DATA 09/05/08.
Presidente: Luis Angel Sabariz Rolán.
Vicepresidenta: Consuelo Ordóñez Martínez.
Tesoureiro: Jesús García Lapido.
Vocal: Dolores Agrasar de Villanueva
Actuou de secretaria: Consuelo Ordóñez Martínez.
Na biblioteca do CPI Pontecesures, sendo ás 20:50 horas, reúnese a asemblea da ANPA, baixo a presidencia de Luis Angel Sabariz Rolán, en sesión extraordinaria coa seguinte Orde do Día:
1-ACTA ANTERIOR.-Logo da letura do acta da sesión ordinaria celebrada con data 11-10-07, e non habendo intervencións, considerouse aprobada por unanimidade.
2-ELECCI?N DOS MEMBROS DA NOVA XUNTA DIRECTIVA.-Antes de proceder á elección dos novos membros, o presidente cesante manifestou o seguinte:
-Que como os pais/nais dos nenos do grupo folclórico «Algueirada» decidiron crear unha asociación cultural débese acordar a cancelación da conta bancaria que tiña o grupo en Caixanova-Pontecesures. Aclarou, que a conta sempre tivo un carácter independente para ingresar o importe das clases por parte dos pais/nais, as facturas das actuacións e o importe das subvencións; e para abonar os pagos ós monitores e outros gastos do grupo, engadindo que con fondos da ANPA nunca se afrontaron gastos do colectivo. Rematou dicindo que calquera asociado podía realizar as comprobacións que quixera sobre este extremo.
A Sra. Rey García, manifestou que a decisión de desligarse o grupo da ANPA debía ser adoptado pola asemblea da propia asociación, pois o mesmo podería pasar co teatro ou con outra actividade.
Reiterou o presidente cesante que a decisión de constituir «Algueirada» unha asociación cultural foi adoptada polos pais/nais por unanimidade, que asociarse é un dereito de calquera persoa, e que se fixo así porque bastantes rapaces xa son maiores e non están no centro, non parecendo lóxico que a ANPA teña un grupo folclórico de persoas alleas ó centro escolar. Rematou dicindo que o que se propón e cancelar a conta por todo o dito.
Rematado o debate, a asemblea, por unanimidade, acordou a cancelación desta conta bancaria.
-Que nesta data o saldo na conta do ANPA era de 2.282,33 ?. Explicou que o saldo nas últimas contas aprobadas o 11-10-07 era de 872,00 ?, detallando que dende aquela data ingresáronse as cantidades correspondentes as cotas da ANPA e do seguro escolar e 950 ? da subvención do concello en 2007 (o grupo folclórico percibiu deste organismo 550 ?). Engadiu que só se gastaron, dende aquela data, o importe do seguro de responsabilidade civil e de accidentes dos nenos/as, a subvención da excursión dos alumnos de 3º e 4º da ESO (252 ?) e o pago dunha débeda á monitora de pintura xa que unha nena non abonou as clases desta materia durante bastante tempo aínda que foi reclamado o pago á familia (94,50 ?).
-Tamén o presidente cesante pronunciou unhas verbas de despedida lembrando ós directivos/as que o acompañaron nos case 12 anos que levaba no cargo dende que o presidente anterior, Cándido Duro, fora a buscalo a súa casa en setembro de 1996. Así agradeceu o labor realizado por Pili Mosquera, Mercedes González, Luisa Caldelas, Mª Mar Doce, Charo Lestido, Alberto Solla, Isabel Silva, Rosa Corbelle, Suso Lapido, Consuelo Ordóñez e Loli Agrasar. Agradeceu tamén a colaboración das catro directoras que tivo o centro dende 1996 (Irene, Marta, Carmen e Mª José). Engadiu que xa chegou a hora de dar o paso a outras persoas, aínda que aclarou que nunca a actual xunta directiva se aferrou ó poder xa que tiveron que presentarse hai dous anos ó non facelo ninguén, Indicou que desexaba pedir desculpas se alguén estaba molesto con algunha actuación da xunta directiva. Despois de lembrar a súa familia polo tempo que lle quitou nestes anos, rematou desexando sorte ós novos dirixentes e ofrecendo a documentación que tiña no seu poder xa que a ANPA non ten sede en local público.
-A continuación pasouse á elección dos membros, manifestando o presidente cesante que houbo cinco persoas presentadas no prazo concedido que eran Yolanda Vieites Dos Santos, Manuela Barreiro Castro, María Isabel Rey García, Rita María Lafuente Lestón e Luz Angueira Eiras, xa que unha sexta non reunía os requisitos por ter impagada a cota.
Como estaba prevista unha xunta de sete membros (presidente, vicepresidente, secretario, tesoureiro e tres vocais) preguntouse pola presidencia cesante se a asemblea aceptaba que se presentaran no acto dúas persoas máis que tiveran a cota o día.
Tra un debate, a asemblea, por unanimidade, acordou que podían presentarse dúas persoas máis e tras prantexalo pola presidencia manifestaron que querían ser directivas, Dolores Agrasar de Villanueva e Mónica Esperón Guerrra.
Por unanimidade considerouse que non era necesario proceder á votación ó non haber máis candidatos que prazas, e así pola presidencia cesante declaráronse directivas da ANPA ás seguintes persoas:
YOLANDA VIEITES DOS SANTOS
MANUELA BARREIRO CASTRO
MARÍA ISABEL REY GARCÍA
RITA MARÍA LAFUENTE LEST?N
LUZ ANGUEIRA EIRAS
DOLORES AGRASAR DE VILLANUEVA
M?NICA ESPER?N GUERRA
De acordo co artigo 8 dos Estatutos o mandato terá unha duración de dous anos e, agora, estas persoas elixidas decidirán entre elas os cargos correspondentes na primeira xunta directiva que celebren como establece o artigo 11 de ditos Estatutos.
A asociada Sra. Gil García manifestou que desexaba que se fixese constar en acta o agradecemento ó presidente cesante polo labor realizado nestes anos. A nova directiva, Sra. Angueira Eiras manifestou que estaba de acordo e propúxose que así fora decidido pola asemblea. Por asentemento dos asistentes foi acordado este agradecemento.
Tras reiterar o Sr. Sabariz Rolán que desexa o mellor para a nova xunta directiva, levántouse a sesión ás 21:35 horas, redactándose este acta pola directiva cesante, por petición expresa da asemblea.
O PRESIDENTE CESANTE
Luis Ángel Sabariz Rolán
A SECRETARIA
Consuelo Ordóñez Martínez