O Servizo de Promoción da Igualdade do Home e da Muller (SGI) ven de abrir o prazo de solicitude de axudas e subvencións por volver aos estudos a mulleres que os abandoaran para seren nais.
O importe máximo subvencionable é de 600 ? dos cales o 80% é para o pago da matrícula e o 20% restante para mercar o material obrigatorio para o curso no que estea matriculada.
Documentación:
-Solicitude (Anexo I).
-Copia cotexada do DNI.
-Informe actualizado de Vida Laboral.
-Copìa cotexada do Libro de Familia.
-Ficha de Datos (Anexo II)
-Certificación bancaria de número de conta.
-Declaración de axudas (Anexo III)
-Certificación dos últimos estudos cursados.
-Declaración responsable de data de abandono dos estudos.
-Copia cotexada da última declaración do IRPF ou certificación negativa expedida pola AEAT.
Para máis información e presentar as solicitudes poden dirixirse ao Servizo Social de Atención Primaria do Concello, os luns, martes, e venres de 9 a 13:30 horas.